Google Earth nos convida a percorrer o mundo de Harry Potter. Podremos dar unha volta polas localizacións reais das películas e os sítios que inspiraron a J.K. Rowling.
Visitaremos Diagon Alley, a concurrida rúa de Londres chea de magos e resulta invisible para os muggles, e que no mundo real é o mercado Leadenhall, un pasadizo cheo de tendas no que se baseou a escritora.
A estación de King’s Cross, onde se atopa o andén 9 3/4 no que o mozo Harry toma o Expreso de Hogwarts. Tamén o castelo de Alnwick, onde se rodaron moitas esceas da película, ou o maxestuoso salón renacentista do colexio Christ Church, en Oxford, que se transformou no comedor de Howarts.
Poderemos coñecer o café The Elephant House, onde J.K.Rowling pasaba as tardes escribindo nunca das súas mesas ao lado da fiestra, cun café. E pasear por “The Wizarding World Of Harry Potter”, no parque temático de Orlando, onde se pode montar nunha reproducción do famoso tren ou entrar en Gringotts, o banco de magos.
E para practicar o inglés a autora lanzou vai uns días a web “Harry Potter at Home” con moitas actividades infantiles para o confinamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario