martes, 20 de abril de 2021

Día do Libro, cambia o conto

Co gallo do Día do Libro 2021 e seguindo co lema UN MUNDO MELLOR, o equipo de biblioteca plantexou xa en novembro no día da non violencia contra a muller e no 8 de marzo o día internacional da muller o cambio do contos, dos contos tradicionais. Neste día do libro queremos materializar ese cambio de conto que en cada clase ten traballado na súa aula. Velaquí os nosos contos sen estereotipos!

https://www.canva.com/design/DAEcbiv8flY/2f40j1hZR8It1PfHftaeSw/watch?utm_content=DAEcbiv8flY&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink


lunes, 19 de abril de 2021

Día Internacional da Autoestima 27 de abril

Seguimos co traballo das emocións e co benestar emocional, neste senso en Educación infantil traballamos a través de distintos libros o estar a gusto con un mesmo: Eu vou comigo e Distinta



jueves, 15 de abril de 2021

Pasapalabra día do libro

Para o día do libro este curso plantexamos un mercadiño de libros tralo derradeiro expurgo da biblioteca. Este aspecto entronca co terceiro elemento do lema anual, o coidado do medio ambiente, a reutilización dos recursos; dentro do proxecto UN MUNDO MELLOR, que estamos a traballar neste curso 2020/2021.

Para poder conseguir un VALE para canxear por un libro o venres día 23, cada aula ou curso terá que resolver correctamente un dos pasapalabras ou roscos que vos achegamos a continuación. Facédeo todos/as xuntos/as, veredas como sodes quen!

A temática dos mesmos son os contos infantís. Elaborámolos con moito agarimo, agardamos que vós guste!

Para acceder dende Educaplay aos pasapalabra preme aquí  primeiro e se queres facer outro novo rosco neste enlace.

Tamén podemos acceder con Genial.ly. Para elaborar estas dúas presentacións reutilizamos o fondo do pasapalabra de xentilicios da teacher Inés. Moita sorte nenos/as!

viernes, 9 de abril de 2021

Festival Emocínate

 Co gallo do lema anual e acorde á temática do segundo trimestre: As emocións. Artellamos este Festival de Cine das Emocións, no que participou todo o colexio.

 A maiores, e dado que o alumnado de 6º de Primaria estivo a realizar un xornal, tanto en formato dixital como en soporte papel, aproveitaron a facer de xornalistas.

Á saída da película fixeron entrevistas ao alumnado dos distintos cursos para ver a súa opinión sobre as películas visualizadas. Aquí está o resultado, agardamos vos guste tanto como a eles/as realizalo!