viernes, 15 de junio de 2018

Peche da biblio

Lembrámosvos que a partir do vindeiro luns a biblioteca permarnecerá pechada polas tardes. Os que aínda teñades algún libro emprestado é importante que o traigades canto antes.

lunes, 11 de junio de 2018

Escolas en África

Hoxe os alumnos de Primaria tivemos unha charla moi interesante dun proxecto para construir escolas en África. Aprendimos un montón de cousas novas e, sobre todo, comprobamos como hai moita xente que adica a súa vida a axudar aos demais sen esperar nada a cambio. 

viernes, 8 de junio de 2018

Contacontos

Hoxe un grupo de oito nenos de diferentes grupos de Primaria fixeron un contacontos para todo o alumnado de Infantil. O conto que prepararon  foi Tomás o Bromista e fixérono xenial!