Mostrando entradas con la etiqueta asia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta asia. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de marzo de 2017

A ruta dos tes

Tras realizar a actividade da ruta das especias, deixamos aquí o documental realizado por unhos nenos e nenas de 2º de Primaria sobre a ceremonia do te, xa que como sabedes neste segundo trimestre e un dos temas de investigación que tratamos.
Que o disfrutedes!




domingo, 19 de marzo de 2017

Mans a masa!


Os nenos e nenas de 6º prepararon un documental sobre a realización dos dorayakis, os dulces favoritos do gato xaponés Doraemon. Agardamos que disfrutedes do documental!

Non é posible subir o resto dos documentáis o blogue polo peso que supoñen, polo que deixaremos os vídeos copiados no escritorio dos ordenadores da biblioteca. Se queredes ensinar os documentáis na casa non tendes máis que traer un USB e os copiamos para que os poidades ver.

domingo, 5 de marzo de 2017

Un mes cheo de documentais!

Neste mes de marzo imos ir deixando os vídeos que estamos a realizar para os obradoiros simulténeos do vindeiro mes.
A medida que teñamos gardadas as vosas voces xunto coa selección que fixéchedes nas aulas das imaxes o deixaremos no blogue para que o poidades disfrutar tamén dende as vosas casas.
Que o disfrutedes, lémonos!


domingo, 9 de octubre de 2016

Decorando a biblioteca

Como xa sabedes gústanos decorar a nosa biblio adaptándonos a temática que traballamos este ano, que son as culturas de Asia.
Coa axuda dos nosos cativos realizamos farolillos e un dragón que nos acompañará nas nosas aventuras deste curso na biblioteca. Ademáis grazas as viaxes que fixeron membros da nosa comunidade educativa puidemos disfrutar de recordos curiosos que se dispuxeron como nunha exposición.