miércoles, 25 de noviembre de 2020

Novidades do mes de decembro

Aquí tedes as novidades deste vindeiro mes, a ver que vos parecen! Agardámosvos na biblio!

 

25 DE NOVEMBRO- DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Neste día recollemos a iniciativa de LITTLE REVOLUTION de "Cambiar o conto" para educar en igualdade. Unha iniciativa que pretende que observemos condutas que están "normalizadas" na sociedade non teñen que ser a opción correcta e temos que rebelarnos contra elas.

Con estes contos, narrados en catalán e que nos locutamos en castelán pretendemos que vos plantexedes unha serie de cuestións:

Existen mulleres que sofren agresións verbais? 

Responsabilizámolas de recibir esas agresións por telas provocado?

Como se comporta o lobo cos mozos do público? E coas mozas, que lles di? Son iguais as mensaxes para ambos?


É posíbel cambiar por amor?

Alguien con mal carácter ten dereito a tratar mal a outra persoa sistemáticamente porque é así?

Por unhas relacións harmónicas baseadas no bo trato, CAMBIEMOS O CONTO!

E por outra banda, tomamos prestado o traballo dos nosos compañeir@s do CEIP José María Lage para abordar a contextualización deste día. Moitísimas grazas polo voso marabilloso traballo.

PREMEDE AQUÍ PARA VELO