jueves, 19 de diciembre de 2019

Recomendacións Nadal

Aquí tedes as recomendacións de Nadal, aproveitamos para deserxavos BOAS FESTAS E UN FELIZ ANINOVO!!!
E vos animamos a pasar estas vacacións coa familia e coa compañía dun libro.



miércoles, 18 de diciembre de 2019

Trailerbook

Outro ano máis seguimos a promocionar as novidades da biblioteca a través dos trailerbooks xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A ver que vos parece este sobre unha das novidades: Axencia Familia Feliz. Che conseguimos ao pai e a nai perfectos.
Trailer que gravou o alumnado de quinto de primaria.


domingo, 15 de diciembre de 2019

LENDAS GALEGAS

Neste primeiro trimestre traballamos en cada clase as lendas galegas. Cada aula escolleu a súa e fixemos unha exposición no corredor que visitou todo o alumnado. Aquí tedes o resultado!



domingo, 24 de noviembre de 2019

Os xoves... conto

Grazas Xoana, Gabriel e María, precioso conto!





LEO LEÍÑO

Co gallo do proxecto Maxia, nada é o que parece tivemos a sorte de ter connosco a Leo Leíño. Con elas pasamos un rato moi divertido. Que sorte tivemos téndoas con nós!


sábado, 16 de noviembre de 2019

Guía do usuario da biblioteca

Todas as familias as tedes na casa pero a achegamos aquí por se as necesitades.

Temporalización do noso proxecto


O espazo da biblioteca


Tras os pequenos cambios deste ano a biblioteca escolar quedou distibuída do seguinte xeito.

CONTACONTOS

Todos os xoves no recreo temos contacontos feitos polos axudantes da biblioteca. Animádevos a vir!

LEMBRADE: TODOS OS XOVES... CONTO!

  

Axudantes de biblio

Neste novo curso tivemos unha morea de voluntarios para ser axudantes de biblioteca entre o alumnado de 4º, 5º e 6º. Aquí tedes as quendas do primeiro trimestre. Grazas por participar!!!

 

Vídeos presentación para a inauguración

Aquí vos achegamos os vídeos que o alumnado visionou o día da inauguración na que un ser máxico que cambiou de apariencia segundo as clases para as que aparecía nos comentou que tiña retido a Broli e que para poder soltalo tiñamos que facer unha serie de probas.

Este é o video para Infantil e 1º e 2º:

Este é o dos maiores:

Inauguración da Biblioteca Escolar

Co gallo da celebración do día das Bibliotecas inauguramos a nosa nun día moi especial cheo de sorpresas. Que vos pareceu?



jueves, 27 de junio de 2019

Recomendación lectoras

Dende o Equipo de Biblioteca vos suxerimos estas lecturas para os vosos/as pequenos/as. Tamén queremos desexarvos: bo verán e felices lecturas!

Vémonos en setembro!





miércoles, 19 de junio de 2019

miércoles, 5 de junio de 2019

Contacontos na E.I. As RELFAS


O alumnado de primeiro de primaria xunto coa súa tutora fixeron un contacontos na escola infantil que temos ao carón do colexio. Quedou moi ben, o fixeron xenial!!!


 

Elección do tema para o vindeiro curso

Todo o alumnado do colexio participou na elección do lema anual co seu voto. As opcións posíbeies eran:
Desenvolvimento sostible.
A água: mares, océanos e ríos.
Maxia
Alimentación.
Camiño de Santiago.
Galicia.

Próximamente comunicaremos o gañador!!!


viernes, 24 de mayo de 2019

Letras Galegas 2019: Antón Fraguas

Co gallo das Letras Galegas convidamos ao centro a Paco Nogueiras que nos fixo mover o corpo e cantar en galego co seu disco "Bule, bule". Contamos tamén coa visita do alumnado da Escola Infantil das Relfas ao que ademáis das súas mestras acompañaron os alumnos e alumnas de sexto de primaria que exerceron de titores. Que ben o pasamos!


jueves, 16 de mayo de 2019

Entrevista a Paco Nogueiras

Celebrando as Letras Galegas 2019 visitou o noso centro Paco Nogueiras. O alumnado de tercero de primaria fíxolle unha entrevista. Aquí a tedes!


miércoles, 1 de mayo de 2019

Trailerbook 5° Educación Infantil

Aquí está o traballo do alumnado de catro anos que nos animan a ler outra das novidades da biblioteca: Europa unha historia de amor. Chulísimo o resultado!


martes, 30 de abril de 2019

Buzón de suxestións

Este é o buzón de suxestións para a biblioteca, nel podedes dicirnos que libros, películas os música queredes que merquemos, suxerencias sobre melloras do espazo ... Todo o que queirades!


Novidades de maio


Aquí están as novidades deste mes! Agardamos que vos gusten!

Día do Libro

Co gallo do Día do Libro o mesmo día 23 a pesar do mal tempo conmemoramos esta celebración. Nun pequeno acto puxemos en valor o traballo dos axudantes de biblioteca, que están a facer un gran traballo neste curso.
 Tamén limos o conto que escribimos de forma conxunta todo o colexio, entregamos os diplomas aos usuarios destacados da biblioteca do noso centro, presentamos a biblioteca de primavera que sairá ao patio durante este mes e para rematar visionamos as auras dos booktubers de cada aula. Un día redondo!




lunes, 8 de abril de 2019

Obradoiros 2019

Este curso, coma todos os anteriores, realizamos os obradoiros relacionados co tema da biblioteca deste ano. Coma novidade realizámolos en dous días, en lugar de un, e so nas tres primeiras horas, non toda a mañá coma noutras ocasións.
Dez equipos integrados por unha media de 14/15 compoñentes que rotaron polos distintos talleres. Cinco equipos visitaron o día 27 de marzo os espacios que albergaban os obradoiros do 1 ao 5 e o día 29 do 6 ao 10, e os outros cinco equipos restantes no sentido contrario.

Agardamos que o pasarades ben nesta xornada especial!!



viernes, 5 de abril de 2019

Trailer 6° Educación Infantil

O alumnado de sexto de Educación Infantil nos presenta este trailerbook doutra das novidades da biblioteca “Todo lo que sé de la gente”. Mirade que bien lles quedou!


martes, 12 de marzo de 2019

Día da Muller Traballadora

Este ano co gallo do Día da Muller Traballadora dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega se realizou conxuntamente esta composición musical coa colaboración de pais e nais do alumnado que achegaron videos dos seus fillos interpretando a canción "Nenas coma min". Dado que o venres 8 houbo unha xornada de folga aprazamos a estrea da canción ao luns día 11.

Premede aquí para visualizalo. Agardamos que vos guste!!





viernes, 8 de marzo de 2019

Retos febreiro

Grazas a todos e todas pola vosa participación nos retos deste mes!!! Aquí está o voso traballo!




jueves, 7 de marzo de 2019

Ecosistemas

Dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega estimemos a traballar durante xaneiro e febreiro os ecosistemas, aquí vos mostramos algúns dos nosos traballos.


O alumnado de quinto realizou tamén este traballo sobre o tema.

  

Comba, unha alumna de primeiro de primaria, fixo este fermoso mural.






Entroido

O pasado día 1 de marzo empezamos o mes co entroido que como non podía ser doutro xeito estivo adicado ao tema deste ano plantexado dende a biblioteca. Aquí tedes un resumo do día de entroido.


viernes, 1 de marzo de 2019

Trailerbook 1° Primaria

O alumnado de primeiro nos presenta otra das novidades da biblioteca: Nunca hagas cosquillas a un tigre. Bo traballo cativos!


Día de Rosalía de Castro


Co gallo do 24 de febreiro día no que naceu Rosalía De Castro, conmemorouse no colexio o luns 25 unha pequeña homenaxe a esta romántica poetisa tan importante na nosa literatura.


viernes, 1 de febrero de 2019

A neve


Dende o departamento de dinamización da lingua preséntase dos meses de decembro e xaneiro unha serie de retos,traballouse diferentes aspectos da neve. Aquí tendes os resultados! Premede aquí


jueves, 31 de enero de 2019

Retos febreiro

Bo día a todos e todas! Este mes de febreiro comeza con distintos retos que tedes que solucionar nas clases día a día. Poñede a traballar as vosas cabeciñas...


Premede na imaxe para ver os desafíos

martes, 22 de enero de 2019

Exposición con códigos QR do tema deste curso

Esta pasada semana o mércores e xoves puidemos gozar da exposición sobre Oceanía e os polos que cada aula elaborou sobre un aspecto concreto do tema. Aquí vos achegamos o video.


viernes, 18 de enero de 2019

Auroras boreais

Deixamos o vídeo das actividades que realizamos sobre o proxecto das Auroras Boreais do mes de decembro plantexado polo EDLG.
Esperamos que o disfrutedes 


martes, 15 de enero de 2019