martes, 30 de abril de 2019

Buzón de suxestións

Este é o buzón de suxestións para a biblioteca, nel podedes dicirnos que libros, películas os música queredes que merquemos, suxerencias sobre melloras do espazo ... Todo o que queirades!


Novidades de maio


Aquí están as novidades deste mes! Agardamos que vos gusten!

Día do Libro

Co gallo do Día do Libro o mesmo día 23 a pesar do mal tempo conmemoramos esta celebración. Nun pequeno acto puxemos en valor o traballo dos axudantes de biblioteca, que están a facer un gran traballo neste curso.
 Tamén limos o conto que escribimos de forma conxunta todo o colexio, entregamos os diplomas aos usuarios destacados da biblioteca do noso centro, presentamos a biblioteca de primavera que sairá ao patio durante este mes e para rematar visionamos as auras dos booktubers de cada aula. Un día redondo!




lunes, 8 de abril de 2019

Obradoiros 2019

Este curso, coma todos os anteriores, realizamos os obradoiros relacionados co tema da biblioteca deste ano. Coma novidade realizámolos en dous días, en lugar de un, e so nas tres primeiras horas, non toda a mañá coma noutras ocasións.
Dez equipos integrados por unha media de 14/15 compoñentes que rotaron polos distintos talleres. Cinco equipos visitaron o día 27 de marzo os espacios que albergaban os obradoiros do 1 ao 5 e o día 29 do 6 ao 10, e os outros cinco equipos restantes no sentido contrario.

Agardamos que o pasarades ben nesta xornada especial!!



viernes, 5 de abril de 2019

Trailer 6° Educación Infantil

O alumnado de sexto de Educación Infantil nos presenta este trailerbook doutra das novidades da biblioteca “Todo lo que sé de la gente”. Mirade que bien lles quedou!