domingo, 3 de noviembre de 2013

Novembro, novembro

O terceiro ciclo, é dicir 5º e 6º de primaria están a traballar ao redor dos refráns, historias, tradicións e receitas típicas do mes. Ademáis temos uns super artistas que despois de todo o aprendido fan regueifas!!pero esa é outra historia que xa vos conterei outro día.
Déixovos coa fotografía dos refráns de novembro.
Lémonos!!

miércoles, 23 de octubre de 2013

Un contacontos mooooooi divertido!

Nestes días viñeronnos visitar dous rapaces moi simpáticos, un deles tiña unha habilidade especial para contar os contos, o seu compañeiro para debuxalos.
Contáronnos a historia dun pingüín que percorreu moitísimos kilómetros vivindo numerosas aventuras.
Deixamos aquí estas imaxes para que vexades o ben que o pasamos.



Nos tamén estivemos a ilustrar a nosa propia historia, este foi o resultado, que quedou para que o podades ver todos na parede do corredor, entre as aulas de primeiro e segundo.



Un saudiño e lémonos ;)

domingo, 20 de octubre de 2013

A BENVIDA DE BROLI

Durante o mes de outubro Broli andaba a tramar algo, todos o sospeitabamos pero ninguen sabía nada...
Na última semana de outubro o noso ratiño da biblio colocou un sobre en cada unha das portas das nosas clases
Que gardaba dentro do sobre?Pois unha invitación para a biblioteca!
Cada curso baixou para escoitar as propostas de Broli para este ano no que traballamos o lema "De boa tinta" e por suposto lembrar as normas da biblio.
Broli, sentado no seu sofá agardába todo cheo de tinta cunhas liñas que as profes nos leron

Qué vos pareceu a benvida de Broli?e a misión que vos encomendou?

Un saudiño e lémonos



martes, 23 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO 2013

Eu estou moi ledo xa que chegou o meu día favorito do ano, desexo que todos os nen@s do colexio desfruten coma min desta pequena homenaxe.


viernes, 22 de marzo de 2013

viernes, 8 de marzo de 2013

CDU 0

Como anunciamos na anterior entrada de CDU aquí  deixo máis accesos deste bloque é que pertencen aos diccionarios que son do número 0.


viernes, 1 de marzo de 2013

CDU 0

 Iniciamos a nosa propia CDU ( CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL), a que se utiliza en todas as bibliotecas públicas, para que podades ter un acceso doado a materiais interesantes e útiles para mellorar os vosos coñecementos.
Aquí tedes dúas enciclopedias dixitais que podedes consultar. Na CDU están no número 0 por ser enciclopedias. Pouco a pouco irei insertando enlaces correspondentes a todos os números para acceder a eles poderedes seguilos nas etiquetas do blog que sexan da CDU co seu número correspondente

viernes, 18 de enero de 2013

UNHA DE INVENTOS



                  Xa que estades nesta historia vouvos axudar para que cando os profes vos pidan que investiguedes teñades onde consultar.
 Tamén para aprender moitas cousas.

sábado, 5 de enero de 2013

Xa chegan os Reis Magos

Ola rapaces e rapazas de Moledo que inquedo estou, faltan unhas horas para que cheguen. Espero que vos portásedes moi ben para que os vosos presentes sexan os desexados.
Como anticipo aos regalos de mañá quérovos invitar a ollar este fermoso libro que está escrito na nosa fermosa lingua. É unha iniciativa que se encadra dentro das accións de Nadal en Rede desenvolvidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da Rede de Dinamización Lingüística e dirixidas aos máis cativos co obxectivo de favorecer o uso do galego.
Pinchade e desfrutade como desfrutei eu:
O libro dos Reis Magos