domingo, 8 de marzo de 2026

HORA DE LER COA PARTICIPACIÓN DAS NOSAS FAMILIAS

 Estamos moi agradecidas pola participación das nosas familias nas actividades do cole, nesta ocasión coa hora de ler. Para @s nen@s é un momento máxico ver á súa nai, pai ou avós e avoas lendo un conto na súa clase, ou contando algunha anécdota ou viaxe. Grazas mamá de Uxía!



 

HORA DE LER COAS NOSAS VOLUNTARI@S

As horas de ler convértense en momentos moi especiais para os nos@s nen@s grazas á colaboracións das lectoras voluntari@s do noso cole.  Sentímonos moi orgullos@s delas. Moitas grazas !






8 de marzo DIA DA MULLER


 

martes, 3 de marzo de 2026

MOITA EMOCIÓN NA ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE ENTROIDO!

O luns 2 de marzo  tivo lugar a entrega de premios aos participantes  e gañador@s do concurso de Entroido. Moitas grazas a tod@s  @s participantes. Coma sempre contamos coa colaboración das nos@s prezad@s voluntari@s de biblioteca. Parabens a td@s!








domingo, 1 de marzo de 2026

A AFA CONVÍDANOS A FESTEXAR O 17 DE MARZO DIA DO CÓMIC.

 A  AFA  convídanos a festexar o 17 de marzo "Día do Cómic" cun obradoiro na biblioteca. De seguro será moi divertido. Estades tod@s convidados!!!

Dende o centro queremos agradecer  a cooperación das nosas familias e da AFA na organización de distintas actividades  na biblioteca cun obxectivo común , "a animación e participación na lectura e outras actividades na biblioteca  para o desfrute dos nos@s nen@s".  Xunt@s facemos biblioteca e escola. Moitas grazas!!!👪

                                        by Leticia😉



Cantando, xogando e bailando con ROSALÍA . 23 de febreiro. Día de Rosalía


A tarde do 23 de febreiro organizouse unha pequena homenaxe á nosa poeta.  O mellor de todo e que as actividades foron dirixidas por dúas nenas voluntarias da biblioteca. Cantamos, bailamos con algúns poemas de Rosalía e ata fixemos un ROSCO de Rosalía. Moitas grazas ás voluntari@s!!!








Aquí podedes escoitar a entrevista realizada a Rosalía de Castro pol@s nen@s
 de terceiro de primaria
                                               

                   



23 de febreiro DÍA DE ROSALÍA

 Co gallo do Día de Rosalía De Castro leváronse a cabo no noso centro varias iniciativas preciosas que servíronnos para lembrar a nosa marabillosa. Dende a equipa de dinamización da Lingua propuxéronse varias actividades como o recitado de poemas de Rosalía realizado pol@s nen@s  con atril, micro e fermosas voces ao vento que oorganizaou o noso compi Raúl.

Ademáis realizáronse outras actividades como unha viaxe no tempo para entrevistar a Rosalía e algúns/as pequen@s locutor@s animáronse  a contarnos "nas ondas"  cousas sobre a nosa poeta.