domingo, 24 de noviembre de 2019

Os xoves... conto

Grazas Xoana, Gabriel e María, precioso conto!





LEO LEÍÑO

Co gallo do proxecto Maxia, nada é o que parece tivemos a sorte de ter connosco a Leo Leíño. Con elas pasamos un rato moi divertido. Que sorte tivemos téndoas con nós!


sábado, 16 de noviembre de 2019

Guía do usuario da biblioteca

Todas as familias as tedes na casa pero a achegamos aquí por se as necesitades.

Temporalización do noso proxecto


O espazo da biblioteca


Tras os pequenos cambios deste ano a biblioteca escolar quedou distibuída do seguinte xeito.

CONTACONTOS

Todos os xoves no recreo temos contacontos feitos polos axudantes da biblioteca. Animádevos a vir!

LEMBRADE: TODOS OS XOVES... CONTO!

  

Axudantes de biblio

Neste novo curso tivemos unha morea de voluntarios para ser axudantes de biblioteca entre o alumnado de 4º, 5º e 6º. Aquí tedes as quendas do primeiro trimestre. Grazas por participar!!!

 

Vídeos presentación para a inauguración

Aquí vos achegamos os vídeos que o alumnado visionou o día da inauguración na que un ser máxico que cambiou de apariencia segundo as clases para as que aparecía nos comentou que tiña retido a Broli e que para poder soltalo tiñamos que facer unha serie de probas.

Este é o video para Infantil e 1º e 2º:

Este é o dos maiores:

Inauguración da Biblioteca Escolar

Co gallo da celebración do día das Bibliotecas inauguramos a nosa nun día moi especial cheo de sorpresas. Que vos pareceu?