lunes, 23 de octubre de 2017

Inauguración da Biblio

O pasado venres día 20 de outubro tivo lugar a inauguración da biblioteca.
Este ano a temática do proxecto que imos traballar é África.
A nova imaxe da biblio lévanos dende a selva ata a sabana. E alí, entre lianas e solpores, todos os rapaces de 4ºEI a 6ºEP puideron disfrutar dunha fantástica exposición de obxectos procedentes de distintos países do continente (algúns deles ben curiosos).












Xuntos cantamos a nosa versión da canción "Waka Waka" para dar por comezado oficialmente o noso proxecto da mellor maneira posible: con música!


Lembrámosvos  que a biblioteca está aberta, e á vosa disposición, todas as tardes de 15:30 a 16:30.