Mostrando entradas con la etiqueta actividades biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades biblioteca. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de diciembre de 2025

PROXECTO VIAXÁRDOMA

 Dentro do proxecto do noso centro "Viaxárdoma" a biblioteca organizou varias actividades que foron acollidas con grande ledicia polos nen@s. Trátase de aprender acerca doutros países, da súa cultura, música, gastronomía...e  de todo o que se nos ocurra,  enriquecéndonos  e divertíndonos con esta viaxe polo mundo. Moitas grazas familias pola vosa colaboración neste proxecto!!!















miércoles, 18 de junio de 2025

PROXECTO CURSO 2024-25: SARDOMARTE

Benquerido@s amig@s aquí vos deixamos unha mostra das actividades realizadas ao longo deste curso na biblio teca . Entre elas, as relacionadas co  proxecto de arte traballado neste curso, Desexamos que vos guste! 



miércoles, 17 de junio de 2020

Reto final

Grazas, grazas e grazas por todas as aportacións neste difícil tempo! Aquí está o noso herbario do solsticio de verán!



lunes, 1 de junio de 2020

A maxia do galego

Aquí está o resultado da vosa participación no reto! En nome de todo o Equipo de Biblioteca queremos darvos as grazas por ter participado nas iniciativas que plantexamos... e proximamente un novo e final reto para rematar o curso... Estade moi atent@s ao blog!!!


viernes, 29 de mayo de 2020

Acrósticos máxicos

Umia nos propón unha actividade para poñer en valor o noso idioma, en consonancia co reto da maxia do galego. Quen se anima a facer un acróstico coa súa palabra en galego? Podedes crear un pequeno conto ou simplemente encadear palabras, imos aló!




martes, 26 de mayo de 2020

Misión Mascarilla

O coronavirus entrou nas nosas vidas e nas nosas rutinas, a mascarilla quedou como complemento para quedarse... alomenos polo momento.
A escritora Ángeles González Sinde comparte este videoconto para entender a necesidades de utilizar este medio de protección. Que vós parece?

domingo, 17 de mayo de 2020

ATENCIÓN ... RETO

LETRAS GALEGAS


Co gallo das Letras Galegas que conmemoramos hoxe adicado a Ricardo Carvalho Calero vos achegamos un xogo dende a biblioteca realizado polas mestras Alba Carril do CPI de Vedra e Ana Sánchez Sanmartín do CEIP Arquitecto Casas Novas. Realizaron dous Escape Room sobre a figura de Carvalho Calero que compartieron  xenerosamente, vós animades a xogar?


Nivel básico (E. I, 1º e 2º)


Nivel experto (De 3º a 6º)


E mañá un novo reto para poñer en valor a nosa lingua, anímaste a participar? Pero para abrir boca comezamos con este vídeo "A maxia do galego" sobre o reto de mañá.


Imos tentar cambiar esa historia, poñer en valor o noso idioma resaltando as hermosas verbas que compoñen a nosa lingua.

jueves, 14 de mayo de 2020

RETO MÁXICO

O pasado día do Libro vos propuxemos un reto máxico, ser científicos!! Seguindo co lema anual da biblioteca: "Maxia, nada é o que parece" no terceiro trimestre tiñamos plantexado traballar a ciencia co eslogan: parece maxia... pero é ciencia.

Pedimos a vosa colaboración e a resposta foi magnífica! especial mención para a clase de 3º de primaria que achegou varios videos. Todas estas iniciativas son por e para vós!

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS POR PARTICIPAR!








miércoles, 13 de mayo de 2020

martes, 12 de mayo de 2020

As vosas recomendacións

Duna nos achega a recomendación dun libro para este tempo tan especial. Máxicas lecturas nestes tempos difíciles.

Moitas grazas Duna!


miércoles, 6 de mayo de 2020

Máis recursos: historias para escoitar

Dende Xerais, nos achegan este fermoso proxecto da escritora Teresa González Costa: ITINERANTES DO VENTO, historias para escoitar.

Podedes entrar no seguinte enlace:


CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020


Neste inusual mes de maio a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2020 asómase á xanela das bibliotecas escolares galegas. Os nosos espazos permanecen abertos, desde a distancia, para traballar a figura de Ricardo Carvalho Calero e saber máis da súa contribución ao estudo da literatura galega, do seu maxisterio, do seu compromiso coa nosa lingua, da súa poesía e teatro...

Aquí tedes unha morea de recursos para traballar a figura deste ilustre galego:

lunes, 4 de mayo de 2020

O que puido ser ...

O Día do Libro tiñamos que estar a inaugurar a nosa biblioteca de pais e nais na entrada do colexio pero non puido ser. O día 12 de marzo quedou todo organizado para acabar de colocala, situar os libros nos andeis e rematar de poñer en marcha a biblioteca de pais e nais que inauguraríamos o Día do Libro. E agora, cando debería estar dando os seus primeiros pasos, loce así, baleira. Agardamos que non por moito tempo e podamos facer a grande inauguración que pretendíamos.



O recuncho está presidido por unha gran lona confeccionada cos debuxos que resultaron gañadores no concurso que convocamos no mes de febreiro para tal fin, con dúas categorías, unha para educación infantil e outra para primaria. O gañador de infantil foi Enzo de 6º de Educación Infantil co seu libro dos "Tres porquiños" e de primaria a gañadora foi María Corredera Pardo de 5º. Noraboa aos dous! O voso traballo permanecerá aquí moitos anos.


Tamén tiñamos que estar a celebrar en abril a "Semana do Cine Máxico" con 6 películas en 6 salas distintas para escoller coa súa correspondente carteleira e con flocos de millo e todo. Pero pola contra estamos aquí. Iso non significa que todas estas actividades non se vaian a celebrar simplemente temos que aplazalas pero máis pronto que tarde estaremos todos/as xuntos/as de novo.

PLANS PARA QUEDAR NA CASA DO CEIP DORRÓN