viernes, 29 de mayo de 2020

Acrósticos máxicos

Umia nos propón unha actividade para poñer en valor o noso idioma, en consonancia co reto da maxia do galego. Quen se anima a facer un acróstico coa súa palabra en galego? Podedes crear un pequeno conto ou simplemente encadear palabras, imos aló!




martes, 26 de mayo de 2020

Misión Mascarilla

O coronavirus entrou nas nosas vidas e nas nosas rutinas, a mascarilla quedou como complemento para quedarse... alomenos polo momento.
A escritora Ángeles González Sinde comparte este videoconto para entender a necesidades de utilizar este medio de protección. Que vós parece?

domingo, 17 de mayo de 2020

ATENCIÓN ... RETO

LETRAS GALEGAS


Co gallo das Letras Galegas que conmemoramos hoxe adicado a Ricardo Carvalho Calero vos achegamos un xogo dende a biblioteca realizado polas mestras Alba Carril do CPI de Vedra e Ana Sánchez Sanmartín do CEIP Arquitecto Casas Novas. Realizaron dous Escape Room sobre a figura de Carvalho Calero que compartieron  xenerosamente, vós animades a xogar?


Nivel básico (E. I, 1º e 2º)


Nivel experto (De 3º a 6º)


E mañá un novo reto para poñer en valor a nosa lingua, anímaste a participar? Pero para abrir boca comezamos con este vídeo "A maxia do galego" sobre o reto de mañá.


Imos tentar cambiar esa historia, poñer en valor o noso idioma resaltando as hermosas verbas que compoñen a nosa lingua.

jueves, 14 de mayo de 2020

RETO MÁXICO

O pasado día do Libro vos propuxemos un reto máxico, ser científicos!! Seguindo co lema anual da biblioteca: "Maxia, nada é o que parece" no terceiro trimestre tiñamos plantexado traballar a ciencia co eslogan: parece maxia... pero é ciencia.

Pedimos a vosa colaboración e a resposta foi magnífica! especial mención para a clase de 3º de primaria que achegou varios videos. Todas estas iniciativas son por e para vós!

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS POR PARTICIPAR!








martes, 12 de mayo de 2020

As vosas recomendacións

Duna nos achega a recomendación dun libro para este tempo tan especial. Máxicas lecturas nestes tempos difíciles.

Moitas grazas Duna!


jueves, 7 de mayo de 2020

Máis recursos online

Dende esta web hai preto de 1000 libros gratuitos cada un deles ten unha recomendación da idade adecuada. Libros moi interesantes que podedes descargar en formato pdf, animádevos a consultalos!

Outra web dende a que podemos descargar libros de xeito gratuito e legal para este tempo especial!



miércoles, 6 de mayo de 2020

Máis recursos: historias para escoitar

Dende Xerais, nos achegan este fermoso proxecto da escritora Teresa González Costa: ITINERANTES DO VENTO, historias para escoitar.

Podedes entrar no seguinte enlace:


Contos para todas as idades






CARVALHO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020


Neste inusual mes de maio a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2020 asómase á xanela das bibliotecas escolares galegas. Os nosos espazos permanecen abertos, desde a distancia, para traballar a figura de Ricardo Carvalho Calero e saber máis da súa contribución ao estudo da literatura galega, do seu maxisterio, do seu compromiso coa nosa lingua, da súa poesía e teatro...

Aquí tedes unha morea de recursos para traballar a figura deste ilustre galego:

CONTOS CLÁSICOS

Nos vídeos seguintes podedes ver ilustracións e escoitar os contos de sempre. Están en castelán e cada certo tempo publican un novo. Agardo que os gocedes.

Recursos Afundación

Desde Área educativa Afundación nos achegan estes recursos:
 
 
- Videoconto por Carles García Rodríguez: Videoconto en familia.
 
- Teatro en familia:Teatro en familia. GAIA

martes, 5 de mayo de 2020

Letras Galegas 2020

Dende o Equipo de Dinamización da Lengua Galega nos propoñen distintos retos sobre Ricardo Carvalho Calero durante este mes de maio. Es quen de aceptar o reto? Premede na imaxe para acceder a eles.

lunes, 4 de mayo de 2020

O que puido ser ...

O Día do Libro tiñamos que estar a inaugurar a nosa biblioteca de pais e nais na entrada do colexio pero non puido ser. O día 12 de marzo quedou todo organizado para acabar de colocala, situar os libros nos andeis e rematar de poñer en marcha a biblioteca de pais e nais que inauguraríamos o Día do Libro. E agora, cando debería estar dando os seus primeiros pasos, loce así, baleira. Agardamos que non por moito tempo e podamos facer a grande inauguración que pretendíamos.



O recuncho está presidido por unha gran lona confeccionada cos debuxos que resultaron gañadores no concurso que convocamos no mes de febreiro para tal fin, con dúas categorías, unha para educación infantil e outra para primaria. O gañador de infantil foi Enzo de 6º de Educación Infantil co seu libro dos "Tres porquiños" e de primaria a gañadora foi María Corredera Pardo de 5º. Noraboa aos dous! O voso traballo permanecerá aquí moitos anos.


Tamén tiñamos que estar a celebrar en abril a "Semana do Cine Máxico" con 6 películas en 6 salas distintas para escoller coa súa correspondente carteleira e con flocos de millo e todo. Pero pola contra estamos aquí. Iso non significa que todas estas actividades non se vaian a celebrar simplemente temos que aplazalas pero máis pronto que tarde estaremos todos/as xuntos/as de novo.

PLANS PARA QUEDAR NA CASA DO CEIP DORRÓN