sábado, 28 de abril de 2018

Semanas de contacontos

Deixamos algunhas fotos das sesións de contacontos que realizamos durante esta semana celebrando o Día do Libro. Agardamos que fosen unhas actividades divertidas e que vos inviten a ler estes contos




jueves, 26 de abril de 2018

Últimos trailers

Hoxe desfrutamos do último trailer e a última sesión de contacontos desta semana de festexos polo Día do Libro. O primeiro é o trailerbook do conto Manda Narices e o segundo vídeo é a canción Porque ler é xenial.

lunes, 23 de abril de 2018

Día do libro,Unha semana checa de historias

Celebramos este martes o estreo dalguns trailers,así como sesiones de contacontos na hora de ler. Deixamos os enlaces dos vídeos agardando que vos acerquedes a ler estas interesantes historias, todos os contos  estarán dispoñibles na sección de novedades da biblioteca.

Día do libro

Celebramos o día do libro cunha semana checa de actividades,hoxe luns levamos a cabo o troco de libros no mercadiño que preparamos a pasada semana.





martes, 17 de abril de 2018

Sesión de contacontos

Hoxe os modos cativos de educación infantil tiveron a sorte de disfrutar dun contacontos de Paco Noguerias na nosa biblioteca.


viernes, 13 de abril de 2018

Resumo dos obradoiros


Aquí vos deixamos un vídeo resumo de como foron os nove obradoiros de África. Tamén o podedes atopar na páxina web do cole.

viernes, 6 de abril de 2018

Obradoiros de África

Este xoves tivemos unha estupenda xornada de obradoiros para profundizar un pouquiño máis no proxecto de África. En grupos compostos por nenos de diferentes cursos pasamos por nove obradoiros nos que aprendimos un montón de cousas novas: curiosidades, cociña, danzas, tribus, xeografía, xogos, artesanía e exipto.
Pasamos un día diferente e moi divertido!




martes, 3 de abril de 2018

Novidades de abril

Estas son as novidades que temos para o mes de abril. Coma sempre lembrámosvos que hai outras moitas actividades que non aparecen no calendario das que iremos informando cada semana.