Mostrando entradas con la etiqueta Oceanía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oceanía. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de abril de 2019

Día do Libro

Co gallo do Día do Libro o mesmo día 23 a pesar do mal tempo conmemoramos esta celebración. Nun pequeno acto puxemos en valor o traballo dos axudantes de biblioteca, que están a facer un gran traballo neste curso.
 Tamén limos o conto que escribimos de forma conxunta todo o colexio, entregamos os diplomas aos usuarios destacados da biblioteca do noso centro, presentamos a biblioteca de primavera que sairá ao patio durante este mes e para rematar visionamos as auras dos booktubers de cada aula. Un día redondo!




lunes, 8 de abril de 2019

Obradoiros 2019

Este curso, coma todos os anteriores, realizamos os obradoiros relacionados co tema da biblioteca deste ano. Coma novidade realizámolos en dous días, en lugar de un, e so nas tres primeiras horas, non toda a mañá coma noutras ocasións.
Dez equipos integrados por unha media de 14/15 compoñentes que rotaron polos distintos talleres. Cinco equipos visitaron o día 27 de marzo os espacios que albergaban os obradoiros do 1 ao 5 e o día 29 do 6 ao 10, e os outros cinco equipos restantes no sentido contrario.

Agardamos que o pasarades ben nesta xornada especial!!



viernes, 8 de marzo de 2019

Retos febreiro

Grazas a todos e todas pola vosa participación nos retos deste mes!!! Aquí está o voso traballo!




jueves, 7 de marzo de 2019

Ecosistemas

Dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega estimemos a traballar durante xaneiro e febreiro os ecosistemas, aquí vos mostramos algúns dos nosos traballos.


O alumnado de quinto realizou tamén este traballo sobre o tema.

  

Comba, unha alumna de primeiro de primaria, fixo este fermoso mural.






Entroido

O pasado día 1 de marzo empezamos o mes co entroido que como non podía ser doutro xeito estivo adicado ao tema deste ano plantexado dende a biblioteca. Aquí tedes un resumo do día de entroido.


viernes, 1 de febrero de 2019

A neve


Dende o departamento de dinamización da lingua preséntase dos meses de decembro e xaneiro unha serie de retos,traballouse diferentes aspectos da neve. Aquí tendes os resultados! Premede aquí


jueves, 31 de enero de 2019

Retos febreiro

Bo día a todos e todas! Este mes de febreiro comeza con distintos retos que tedes que solucionar nas clases día a día. Poñede a traballar as vosas cabeciñas...


Premede na imaxe para ver os desafíos

viernes, 18 de enero de 2019

Auroras boreais

Deixamos o vídeo das actividades que realizamos sobre o proxecto das Auroras Boreais do mes de decembro plantexado polo EDLG.
Esperamos que o disfrutedes 


domingo, 28 de octubre de 2018

Inauguración da biblio

O día 24 de outubro co gallo da celebración das bibliotecas escolares inauguramos este curso escolar a nosa, pola mañá co alumnado e na tarde cos pais e nais dos alumnos e alumnas.

Este ano o lema é “Oceanía e os polos” polo que organizamos unha pequena exposición sobre o tema con material traído polo alumnado, visionamos un manual de usuario desde espazo , o trailerbook de 6° de Primaria “La guerra de 6° A alérgicos 6°B” e para rematar xogamos ao xogo da biblio.

 Foi unha día estupendo! Premede aquí para ver o vídeo.