O Día do Libro tiñamos que estar a inaugurar a nosa biblioteca de pais e nais na entrada do colexio pero non puido ser. O día 12 de marzo quedou todo organizado para acabar de colocala, situar os libros nos andeis e rematar de poñer en marcha a biblioteca de pais e nais que inauguraríamos o Día do Libro. E agora, cando debería estar dando os seus primeiros pasos, loce así, baleira. Agardamos que non por moito tempo e podamos facer a grande inauguración que pretendíamos.
O recuncho está presidido por unha gran lona confeccionada cos debuxos que resultaron gañadores no concurso que convocamos no mes de febreiro para tal fin, con dúas categorías, unha para educación infantil e outra para primaria. O gañador de infantil foi Enzo de 6º de Educación Infantil co seu libro dos "Tres porquiños" e de primaria a gañadora foi María Corredera Pardo de 5º. Noraboa aos dous! O voso traballo permanecerá aquí moitos anos.
Tamén tiñamos que estar a celebrar en abril a "Semana do Cine Máxico" con 6 películas en 6 salas distintas para escoller coa súa correspondente carteleira e con flocos de millo e todo. Pero pola contra estamos aquí. Iso non significa que todas estas actividades non se vaian a celebrar simplemente temos que aplazalas pero máis pronto que tarde estaremos todos/as xuntos/as de novo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario