martes, 28 de abril de 2020

Novos libros dixitais

Libros para abrirle a porta ao galego, a editorial Xerais nos comparte catro libros en galego para que quedemos na casa lendo: Feliz Feroz, Fred Quincalla o nómade do mar, Vaia tropa e Dragal IV- a estirpe do dragón. Gozade da lectura!  (premede na imaxe). E ademáis na súa canle de YouTube autores promocionan os seus libros para que vos animedes a ler.


Baía Edicións tamén comparte unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só vos piden que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.

Premede na imaxe de Baía Edicións para acceder ao contido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario