jueves, 23 de abril de 2020

Semana do Libro- Día do Libro 2020

Parece mentira que neste ano que estamos a traballar a maxia, como por orde de encantamento, no canto de estar no colexio temos que celebrar o día do libro na casa. Nembargantes iso non significa que non teñamos ganas de gozar deste marabilloso e especial día.
Queremos compartir con vós e as vosas familias este día tan máxico para todas nós. As mestras do colexio fixemos varios contacontos para amenizar este día e estar un pouco mais perto de vós nesta data especial.
Asemade achegamos a segunda parte das recomendacións lectoras (a primeira parte está na entrada do martes, botádelle un ollo) son xeniais. Vós sodes xeniais! Que ganas de podernos ver de novo!
Non esquezades mirar as entradas desta semana xa que temos un contacontos dun libro moi especial. Un fermoso álbum ilustrado escrito por David De La Iglesia, pai dun alumno do noso colexio e unha sorpresa da profe Tamar, que quixo estar con nós neste importante día; tamén vos proporcionamos recursos varios para estes días de corentena cando as ideas e os folgos empezan a diminuir.
Mañá seguimos con máis sorpresas! 
Aquí tedes primeiro as recomendacións de libros máxicos para un tempo especial e logo os contacontos. Grazas por estar ahí!


CONTACONTOS

El Dragón Zog de Julia Donaldson narrado por Pili


Las maravillosas cosas que llegarás a ser de Emily Winfield contado por Mónica.


Vacío de Anna Llenas contado por Rosi


O cociñeiro Martiño de Iago López contado por Lidia
Dinosaurio Belisario de Pepe Cáccamo contado por Susana


Conto encadenado de Yolanda Fernández Domínguez contado por ela mesma: Yoli




Moito ánimo!
#EuQuedoNaCasa // #TodoVaiSaírBen

No hay comentarios:

Publicar un comentario