Outro recurso para a situación especial do COVID-19 agora que xa os/as nenos/as poden saír á rúa. Un instrumento interesante para poder explicarlles aos máis pequenos como ha de ser esta saída.
Aquí tedes os materiais de hoxe, premede nas imaxes para acceder a eles e ao final UN RETO para estes días de confinamento. Seredes quen de enviar os vosos vídeos?
Primeiro as vosas recomendacións de libros máxicos para un tempo especial. Moitas grazas a todos por ter participado. Aquí están:
Vos achegamos dous contos de creación propia:
Un deles creado pola profe Ángela sobre o Coronavirus: Orly e o coronavirus.
E o outro audioconto tamén de creación propia, neste caso de Loli Barral, a tía de Sara de 4º de Ed. Primaria. Grazas a Cristina por compartirnolo.
Hoxe tamén temos contacontos, a ver que vos parecen:
O peixe arcodavella de Marcus Pfister contado pola profe Joana
E A avoa adormecida de Roberto Parmeggiani contado pola profe Vanesa.
E por último o reto! Xa sabedes que este curso estamos a trabajar a maxia, no primeiro trimestre trabajamos as lendas, no segundo trimestre os personaxes máxicos e no terceiro traballaremos a ciencia (parece maxia pero non o é). Por este motivo vos pedimos que gravedes un vídeo facendo un experimento científico sinxelo e o mandedes á dirección de mail: bibliosardoma@gmail.com
Parece mentira que neste ano que estamos a traballar a maxia, como por orde de encantamento, no canto de estar no colexio temos que celebrar o día do libro na casa. Nembargantes iso non significa que non teñamos ganas de gozar deste marabilloso e especial día.
Queremos compartir con vós e as vosas familias este día tan máxico para todas nós. As mestras do colexio fixemos varios contacontos para amenizar este día e estar un pouco mais perto de vós nesta data especial.
Asemade achegamos a segunda parte das recomendacións lectoras (a primeira parte está na entrada do martes, botádelle un ollo) son xeniais. Vós sodes xeniais! Que ganas de podernos ver de novo!
Non esquezades mirar as entradas desta semana xa que temos un contacontos dun libro moi especial. Un fermoso álbum ilustrado escrito por David De La Iglesia, pai dun alumno do noso colexio e unha sorpresa da profe Tamar, que quixo estar con nós neste importante día; tamén vos proporcionamos recursos varios para estes días de corentena cando as ideas e os folgos empezan a diminuir.
Mañá seguimos con máis sorpresas!
Aquí tedes primeiro as recomendacións de libros máxicos para un tempo especial e logo os contacontos. Grazas por estar ahí!
CONTACONTOS
El Dragón Zog de Julia Donaldson narrado por Pili
Las maravillosas cosas que llegarás a ser de Emily Winfield contado por Mónica.
Vacío de Anna Llenas contado por Rosi
O cociñeiro Martiño de Iago López contado por Lidia
Dinosaurio Belisario de Pepe Cáccamo contado por Susana
Conto encadenado de Yolanda Fernández Domínguez contado por ela mesma: Yoli
O pai do noso cole David De La Iglesia escribiu un fermoso libro adicado ao seu fillo, o noso alumno de primeiro de primaria Lucas. Grazas David!
E a profe Tamar non se esqueceu de vós e nos achega un precioso contacontos que compartiu co seu novo alumnado e tamén quere ter unha lembranza para vós. Premede na imaxe para velo. Grazas Tamar!
As vosas recomendacións desde a casa para todo o alumnado do colexio! Millóns de grazas por ter participado nesta experiencia!! Aquí van os nosos "LIBROS MÁXICOS PARA UN TEMPO ESPECIAL"
A manterse fortes!! Xa queda menos!!!
LIBROS DIXITAIS LIBRES:
A editorial Bruño abre a porta á lectura para que poidamos ler na casa e publica seis libros moooi chulos!! Botade un ollo porque paga a pena!
INICIATIVAS PARA O DÍA A DÍA:
Na páxina de Afundación atoparedes obras de teatro, maxia, manualidades, receitas, experimentos… Para os máis pequenos e tamén para as familias!
Durante esta semana imos ter unha axenda especial. Hoxe achegamos información sobre este día tan importante para as nosas bibliotecas e explicamos por qué se celebra o 23 de abril que coincide coa morte de dous grandes escritores. Un deles, español, Miguel de Cervantes, o autor de D. Quijote de La Mancha que ten a honra de ser o segundo libro máis traducido no mundo; só despois da Biblia.
Achegamos o díptico que edita cada ano a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional para conmemorar o día do libro.
O texto deste ano foi creado porManuel Gagono que nos dí "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín". A imaxe do díptico é do profesor Harold Iglesias, na que se plasma un chasco común (Un tipo de paxaro).
Tamén adxuntamos as REIVINDICACIÓNS desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares neste Día do Libro tan especial.
Hoxe 2 de abril, conmemoramos o día mundial do autismo. Neste enlace podes ver "FLOAT", precioso corto que nos acerca a realidade sobre o autismo!
E achegamos tamén o conto "O cazo de Lorenzo" un fermoso libro sobre o día a día dunha persona con autismo. Premede na imaxe do libro para poder visualizalo
Neste enlace, temos contos sobre o coronavirus e un recopilatorio de contos e cortos diversos que poden axudarnos a pasar estos días de confinamento. Esperamos que vos gusten!
Como estades? Parece que foi onte cando estábamos todos/as no colexio e agora na casa... esperemos que por pouco tempo!
Nembargantes as lecturas non teñen que parar e aquí tedes unha serie de recursos para poder seguir coas nosas lecturas máxicas deste curso.