lunes, 23 de octubre de 2017

Inauguración da Biblio

O pasado venres día 20 de outubro tivo lugar a inauguración da biblioteca.
Este ano a temática do proxecto que imos traballar é África.
A nova imaxe da biblio lévanos dende a selva ata a sabana. E alí, entre lianas e solpores, todos os rapaces de 4ºEI a 6ºEP puideron disfrutar dunha fantástica exposición de obxectos procedentes de distintos países do continente (algúns deles ben curiosos).












Xuntos cantamos a nosa versión da canción "Waka Waka" para dar por comezado oficialmente o noso proxecto da mellor maneira posible: con música!


Lembrámosvos  que a biblioteca está aberta, e á vosa disposición, todas as tardes de 15:30 a 16:30.

domingo, 30 de abril de 2017

A bicicleta ou a biblioteca?


Como ven sendo tradición no noso centro, todos os anos versionamos unha canción elexida polos nenos e nenas de 6º, encargados xunto cos de 5º de buscar unha nova letra que se adapte o tema e por suposto que esté en galego. Os vídeos foron realizados coa axuda das familias quenes ensalzaron o hábito lector. Moitas grazas a todos pola vosa participación e agardamos que disfrutedes do resultado!





domingo, 26 de marzo de 2017

A ruta dos tes

Tras realizar a actividade da ruta das especias, deixamos aquí o documental realizado por unhos nenos e nenas de 2º de Primaria sobre a ceremonia do te, xa que como sabedes neste segundo trimestre e un dos temas de investigación que tratamos.
Que o disfrutedes!




domingo, 19 de marzo de 2017

Mans a masa!


Os nenos e nenas de 6º prepararon un documental sobre a realización dos dorayakis, os dulces favoritos do gato xaponés Doraemon. Agardamos que disfrutedes do documental!

Non é posible subir o resto dos documentáis o blogue polo peso que supoñen, polo que deixaremos os vídeos copiados no escritorio dos ordenadores da biblioteca. Se queredes ensinar os documentáis na casa non tendes máis que traer un USB e os copiamos para que os poidades ver.

domingo, 12 de marzo de 2017

Un novo documental!

Deixamos o seguinte enlace sobre a interesante historia do Taj Majal que dobraron os nenos e nenas de 2º de Primaria…disfrutádeo!

domingo, 5 de marzo de 2017

Un mes cheo de documentais!

Neste mes de marzo imos ir deixando os vídeos que estamos a realizar para os obradoiros simulténeos do vindeiro mes.
A medida que teñamos gardadas as vosas voces xunto coa selección que fixéchedes nas aulas das imaxes o deixaremos no blogue para que o poidades disfrutar tamén dende as vosas casas.
Que o disfrutedes, lémonos!


domingo, 5 de febrero de 2017

Malala!

Para festaxar o día da Paz realizamos un documental sobre a interesantísima e valiosa labor de Malala.
Disfrutádeo!

domingo, 30 de octubre de 2016

O Kamishibai

O Kamishibai é unha ferramenta para contar contos propia de Asia, para celebrar o día das bibliotecas escolares os cativos de 4º de Primaria ofreceronnos unha sesión de contacontos nos que utilizaban este teatrillo acompañado con música e baile, foi divertidísimo e o fixeron xenial!
Para adentrarnos no uso do Kamishibai e que máis cativos vos animedes a contarnos un conto deixamos o seguinte vídeo informativo.


domingo, 9 de octubre de 2016

Decorando a biblioteca

Como xa sabedes gústanos decorar a nosa biblio adaptándonos a temática que traballamos este ano, que son as culturas de Asia.
Coa axuda dos nosos cativos realizamos farolillos e un dragón que nos acompañará nas nosas aventuras deste curso na biblioteca. Ademáis grazas as viaxes que fixeron membros da nosa comunidade educativa puidemos disfrutar de recordos curiosos que se dispuxeron como nunha exposición.


domingo, 25 de septiembre de 2016

Asia, unha cultura de cores

Para iniciarnos no noso tema anual, esta semana disfrutamos dun vídeo na biblioteca. Se o queredes volver a ver aquí o deixamos para o voso disfrute!




Lémonos

domingo, 5 de octubre de 2014

Os luns Karaoke!

Bos días cativos!
Mañá luns poñeremos en práctica unha das nosas actividades propostas para este ano. Despois de ver o moito que vos gusta bailar, cantar e pasalo ben non puidemos evitar plantexar o karaoke. Durante o tempo do recreo podes vir a biblioteca a cantar, bailar, animar, aplaudir e disfrutar en xeral.
Deixovos aquí os vídeos que propoñemos para mañá, cunha pequena sorpresa que nos reservamos para o final. Clica sobre as cancións para acceder o vídeo.
Tamén aceptamos as vosas propostas, así que non dudes en vir tamén a suxerilas.


canción mama cabra
canción maría fumaÇa


domingo, 3 de noviembre de 2013

Novembro, novembro

O terceiro ciclo, é dicir 5º e 6º de primaria están a traballar ao redor dos refráns, historias, tradicións e receitas típicas do mes. Ademáis temos uns super artistas que despois de todo o aprendido fan regueifas!!pero esa é outra historia que xa vos conterei outro día.
Déixovos coa fotografía dos refráns de novembro.
Lémonos!!

miércoles, 23 de octubre de 2013

Un contacontos mooooooi divertido!

Nestes días viñeronnos visitar dous rapaces moi simpáticos, un deles tiña unha habilidade especial para contar os contos, o seu compañeiro para debuxalos.
Contáronnos a historia dun pingüín que percorreu moitísimos kilómetros vivindo numerosas aventuras.
Deixamos aquí estas imaxes para que vexades o ben que o pasamos.



Nos tamén estivemos a ilustrar a nosa propia historia, este foi o resultado, que quedou para que o podades ver todos na parede do corredor, entre as aulas de primeiro e segundo.



Un saudiño e lémonos ;)