viernes, 6 de marzo de 2020

Día da Muller


Para o 8 de marzo, este ano decidimos homenaxear ás mulleres da nosa vida, da nosa contorna; mulleres importantes para o noso alumnado, sen nomes famosos pero cunha grande capacidade de loita e fortaleza. Cada unha das nosas heroínas ten un nome e unha imaxe que para sempre gardaremos nun libro de honra da biblioteca, na sección Os Nosos Traballos.

Tamén contamos coa visita de Anair Rodríguez, autora dos libros Pioneiras, Pioneiras 2 para falarnos doutras extraordinarias mulleres galegas. Queremos dende aquí agradecer a Anair, a súa colaboración nesta pequeña conmemoración.

E por último pero non menos importante todos os cursos de primaria fixemos unha xincana no colexio coa busca de pistas para poder solucionar un enigma.





jueves, 5 de marzo de 2020

Día de Rosalía

O Equipo de Dinamización da Lingua Galena organizou este pequeno acto sobre a Nosa escritora máis universal!


Novidades de marzo

Aquí están as novidades deste mes!


Apadriñamentos lectores alumnado de cuarto


Desta quenda o alumnado de cuarto de primaria leu cos nenos e nenas de sexto de Educación Infantil. E continuamos cos luns ao sol, Aínda que sol... o que se di sol... non fixo moito! 






lunes, 10 de febrero de 2020

Apadriñamentos lectores

Este luns lle tocou ao alumnado de 5º de primaria cos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil exercer de padriños e madriñas. Este foi o resultado!



viernes, 7 de febrero de 2020

A maxia do amor

Co gallo do día dos namorados pedimos ao alumnado do colexio que colla un post-it e escriba unha mensaxe de amor ao seu namorado/a totalmente anónima e a coloque no corazón que hai no panel de biblioteca ao carón da entrada.


FELIZ DÍA DOS NAMORADOS!!!!!






jueves, 6 de febrero de 2020

OS LUNS AO SOL!



A partir de este luns e os vindeiros que faga sol (que agardemos sexan moitos) a biblioteca exténdese ao patio, as clases queren ceo e aire libre e todos e todas leremos nos recunchos do patio que mais nos gusten. Así faremos "os luns ao sol" na hora de lectura. Ademais os alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto serán os contacontos dos nenos e nenas de infantil. Serán madriñas e padriños lectores. Agora rapazas e rapaces...que o tempo nos axude!!

jueves, 30 de enero de 2020

Día da Paz 2020

Co gallo do Día da Paz este ano fixemos unhas camisetas decoradas, cantamos e bailamos a canción Bajo el mismo sol de Álvaro Soler, fixemos un conxuro para a Paz e unhas variñas máxicas para este ano máxico na biblioteca do colexio.



jueves, 19 de diciembre de 2019

Recomendacións Nadal

Aquí tedes as recomendacións de Nadal, aproveitamos para deserxavos BOAS FESTAS E UN FELIZ ANINOVO!!!
E vos animamos a pasar estas vacacións coa familia e coa compañía dun libro.



miércoles, 18 de diciembre de 2019

Trailerbook

Outro ano máis seguimos a promocionar as novidades da biblioteca a través dos trailerbooks xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A ver que vos parece este sobre unha das novidades: Axencia Familia Feliz. Che conseguimos ao pai e a nai perfectos.
Trailer que gravou o alumnado de quinto de primaria.


domingo, 15 de diciembre de 2019

LENDAS GALEGAS

Neste primeiro trimestre traballamos en cada clase as lendas galegas. Cada aula escolleu a súa e fixemos unha exposición no corredor que visitou todo o alumnado. Aquí tedes o resultado!