jueves, 1 de noviembre de 2018

Un Samaín de medo

Esta foi a selección de libros de medo que fixemos dende o equipo de biblioteca, quedounos terrorífica.

martes, 30 de octubre de 2018

Dobrando o Samaín

Alguns cativos de primeiro de primaria estiveron a dobrar as imaxes do conto O noso Samaín cun resumo da súa historia. Agardamos que o disfrutedes tanto coma eles.

domingo, 28 de octubre de 2018

Trailerbook

Todos os meses traemos novidades á biblio e entre ellas cada clase escolle un libro para promocionalo entre todo o alumnado.
Este mes de outubro lle tocou aos alumnos e alumnas de 6° de primaria que escolleron o libro de Sara Cano “La guerra de 6° A, alérgicos a 6° B”. Aquí está o seu traballo.






Inauguración da biblio

O día 24 de outubro co gallo da celebración das bibliotecas escolares inauguramos este curso escolar a nosa, pola mañá co alumnado e na tarde cos pais e nais dos alumnos e alumnas.

Este ano o lema é “Oceanía e os polos” polo que organizamos unha pequena exposición sobre o tema con material traído polo alumnado, visionamos un manual de usuario desde espazo , o trailerbook de 6° de Primaria “La guerra de 6° A alérgicos 6°B” e para rematar xogamos ao xogo da biblio.

 Foi unha día estupendo! Premede aquí para ver o vídeo.


domingo, 14 de octubre de 2018

viernes, 15 de junio de 2018

Peche da biblio

Lembrámosvos que a partir do vindeiro luns a biblioteca permarnecerá pechada polas tardes. Os que aínda teñades algún libro emprestado é importante que o traigades canto antes.

lunes, 11 de junio de 2018

Escolas en África

Hoxe os alumnos de Primaria tivemos unha charla moi interesante dun proxecto para construir escolas en África. Aprendimos un montón de cousas novas e, sobre todo, comprobamos como hai moita xente que adica a súa vida a axudar aos demais sen esperar nada a cambio. 

viernes, 8 de junio de 2018

Contacontos

Hoxe un grupo de oito nenos de diferentes grupos de Primaria fixeron un contacontos para todo o alumnado de Infantil. O conto que prepararon  foi Tomás o Bromista e fixérono xenial!

viernes, 25 de mayo de 2018

Obradoiro de escrita creativa

Hoxe realizamos unha sesión de escrita creativa xunto a Carla Muñoz, comezando cunha dramatización de contos para despois seguir creando as nosas historias. Resultou unha sesión interesantísima!