viernes, 30 de enero de 2026

DIA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemoramos  no noso cole o Día da Paz. A  nosa compi de Actividades Complementarias suxeriunos unha preciosa e solidaria actividade que nen@s, mestr@s e familias acollimos de bo grado. 

Tivemos unha charla de dúas colaboradoras do Banco de Alimentos sobre o labor que desenvolven na sociedade e a súa axuda na recollida e reparto de alimentos as persoas que o necesitan.

Preparouse unha campaña de recollida de alimentos na que contamos coa colaboración de toda a comunidade educativa. 

Finalmente, unha vez recollidos e clasificados os alimentos, fixemos unha "cadea humana" cos nenos e nenas s para facer chegar á camioneta da persona que veu recollelos. 

Pensamos que  esta actividade enmarcada na participación directa quedará nos corazóns dos nenos e nenas, ademáis de aprender de primeira man que el@s poden axudar a construír una sociedade máis pacífica e solidaria.

 Ademáis, creamos un rincón de lecturas para a Paz:  unha selección de contos que fomentan as interaccións pacíficas, o respecto, o exemplo de persoas  que loitan pola Paz... 

E contamos cos nos@s voluntari@s que de xeito xeneroso compartiron do seu tempo realizando lecturas para outr@s nenos e nenas.

Un día da Paz diferente onde os protagonistas foron os nenos e nenas,  en acción , man a man.




















viernes, 9 de enero de 2026

MARABILLOS@S VOLUNTARI@S

 No noso cole facémoslle un guiño aos nos@s voluntari@s de biblioteca. Sentímonos moi orgullos@s destes nenos e nenas que de xeito xeneroso dan do seu tempo para colaborar nas actividades da biblioteca.

El@s ademáis de cooperar no mantemento da orde tanto dos libros como dos xogos e axudar a quen o precise, aportan a súa creatividade e tempo para organizar distintas actividades: contacontos, obradoiros de xadrez, exposicións...

Moitas grazas por poder contar con vós!!!