Estamos moi agradecidas pola participación das nosas familias nas actividades do cole, nesta ocasión coa hora de ler. Para @s nen@s é un momento máxico ver á súa nai, pai ou avós e avoas lendo un conto na súa clase, ou contando algunha anécdota ou viaxe. Grazas mamá de Uxía!
O BURATO DE BROLI
Mascota da biblioteca escolar do CEIP Sárdoma-Moledo
domingo, 8 de marzo de 2026
HORA DE LER COAS NOSAS VOLUNTARI@S
As horas de ler convértense en momentos moi especiais para os nos@s nen@s grazas á colaboracións das lectoras voluntari@s do noso cole. Sentímonos moi orgullos@s delas. Moitas grazas !
martes, 3 de marzo de 2026
MOITA EMOCIÓN NA ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE ENTROIDO!
O luns 2 de marzo tivo lugar a entrega de premios aos participantes e gañador@s do concurso de Entroido. Moitas grazas a tod@s @s participantes. Coma sempre contamos coa colaboración das nos@s prezad@s voluntari@s de biblioteca. Parabens a td@s!
domingo, 1 de marzo de 2026
A AFA CONVÍDANOS A FESTEXAR O 17 DE MARZO DIA DO CÓMIC.
A AFA convídanos a festexar o 17 de marzo "Día do Cómic" cun obradoiro na biblioteca. De seguro será moi divertido. Estades tod@s convidados!!!
Dende o centro queremos agradecer a cooperación das nosas familias e da AFA na organización de distintas actividades na biblioteca cun obxectivo común , "a animación e participación na lectura e outras actividades na biblioteca para o desfrute dos nos@s nen@s". Xunt@s facemos biblioteca e escola. Moitas grazas!!!👪
Cantando, xogando e bailando con ROSALÍA . 23 de febreiro. Día de Rosalía

23 de febreiro DÍA DE ROSALÍA
Co gallo do Día de Rosalía De Castro leváronse a cabo no noso centro varias iniciativas preciosas que servíronnos para lembrar a nosa marabillosa. Dende a equipa de dinamización da Lingua propuxéronse varias actividades como o recitado de poemas de Rosalía realizado pol@s nen@s con atril, micro e fermosas voces ao vento que oorganizaou o noso compi Raúl.
Ademáis realizáronse outras actividades como unha viaxe no tempo para entrevistar a Rosalía e algúns/as pequen@s locutor@s animáronse a contarnos "nas ondas" cousas sobre a nosa poeta.
viernes, 27 de febrero de 2026
jueves, 19 de febrero de 2026
CIENCIA NAS AULAS 11 de febreiro DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
11 DE FEBREIRO DIA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Co gallo do día da "Muller e a Nena na ciencia", desenvolvemos varias actividades que resultaron moi interesantes e motivador@s.
Lecturas de contos en relación con mulleres científicas que destacaron polas súas aportacións. Para isto contamos coa axuda d@s nos@s voluntari@s da biblioteca. Moitísimas grazas!
viernes, 6 de febrero de 2026
CONCURSO DE ENTROIDO. DESEÑA UN CARTEL
Anímate a participar neste concurso e pon en marcha a túa creatividade para deseñar un cartel de Entroido.
viernes, 30 de enero de 2026
DIA DA PAZ
O día 30 de xaneiro conmemoramos no noso cole o Día da Paz. A nosa compi de Actividades Complementarias suxeriunos unha preciosa e solidaria actividade que nen@s, mestr@s e familias acollimos de bo grado.
Tivemos unha charla de dúas colaboradoras do Banco de Alimentos sobre o labor que desenvolven na sociedade e a súa axuda na recollida e reparto de alimentos as persoas que o necesitan.
Preparouse unha campaña de recollida de alimentos na que contamos coa colaboración de toda a comunidade educativa.
Finalmente, unha vez recollidos e clasificados os alimentos, fixemos unha "cadea humana" cos nenos e nenas s para facer chegar á camioneta da persona que veu recollelos.
Pensamos que esta actividade enmarcada na participación directa quedará nos corazóns dos nenos e nenas, ademáis de aprender de primeira man que el@s poden axudar a construír una sociedade máis pacífica e solidaria.
Ademáis, creamos un rincón de lecturas para a Paz: unha selección de contos que fomentan as interaccións pacíficas, o respecto, o exemplo de persoas que loitan pola Paz...
E contamos cos nos@s voluntari@s que de xeito xeneroso compartiron do seu tempo realizando lecturas para outr@s nenos e nenas.
Un día da Paz diferente onde os protagonistas foron os nenos e nenas, en acción , man a man.
viernes, 9 de enero de 2026
MARABILLOS@S VOLUNTARI@S
No noso cole facémoslle un guiño aos nos@s voluntari@s de biblioteca. Sentímonos moi orgullos@s destes nenos e nenas que de xeito xeneroso dan do seu tempo para colaborar nas actividades da biblioteca.
El@s ademáis de cooperar no mantemento da orde tanto dos libros como dos xogos e axudar a quen o precise, aportan a súa creatividade e tempo para organizar distintas actividades: contacontos, obradoiros de xadrez, exposicións...
Moitas grazas por poder contar con vós!!!



.jpg)
































