martes, 10 de marzo de 2026

ACTIVIDADE DAS VOLUNTARIAS DE BIBLIOTECA COA CANCIÓN" SON MULLER"

As nosas marabillosas voluntarias de biblioteca: Lucía, Catalina, Rachel e Duna,  desenvolveron unha fermosa actividade na Semana da Muller. Presentaron a canción "Son Muller" dun grupo de mozas galegas  coñecidas como "Mais boas cas patacas" que obtiveron un premio con esta canción.

Fixeron reflexionar aos nenos e nenas sobre o contido da mesma e logo cantamos xunt@s levando ao vento a mensaxe desta canción.

Moitas grazas !!!










lunes, 9 de marzo de 2026

Actividades polo DIA DA MULLER no noso cole

Polo día da muller realizamos no cole moitas e preciosas actividades.  como o 8 de marzo caeu en domingo, as actividades foron desenvolvidas a semana do 9 de marzo.  Deixámosvos unha mostra dalgunhas delas.

MURAL COOPERATIVO POLO DÍA DA MULLER:  Despois de estaren traballando a biografía de varias mulleres e coñecendo ás súas aportacións en cada clase, os nenos e nenas elixiron unha palabra para adicarlle as mulleres. Reescribiron de xeito libre e creativo a súa palabra para logo xuntarmolas nun mural colectivo. Unha vez feito fixemos o símbolo da muller cun Spray sobre o noso mural quedando como unha marca de auga. quedou precioso e SÚPER CREATIVO.

                             

CREACIÓN DUN XOGO PARA A BIBLIOTECA POLO DÍA DA MULLER

                                      








domingo, 8 de marzo de 2026

HORA DE LER COA PARTICIPACIÓN DAS NOSAS FAMILIAS

 Estamos moi agradecidas pola participación das nosas familias nas actividades do cole, nesta ocasión coa hora de ler. Para @s nen@s é un momento máxico ver á súa nai, pai ou avós e avoas lendo un conto na súa clase, ou contando algunha anécdota ou viaxe. Grazas mamá de Uxía!



 

HORA DE LER COAS NOSAS VOLUNTARI@S

As horas de ler convértense en momentos moi especiais para os nos@s nen@s grazas á colaboracións das lectoras voluntari@s do noso cole.  Sentímonos moi orgullos@s delas. Moitas grazas !






8 de marzo DIA DA MULLER


 

martes, 3 de marzo de 2026

MOITA EMOCIÓN NA ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE ENTROIDO!

O luns 2 de marzo  tivo lugar a entrega de premios aos participantes  e gañador@s do concurso de Entroido. Moitas grazas a tod@s  @s participantes. Coma sempre contamos coa colaboración das nos@s prezad@s voluntari@s de biblioteca. Parabens a td@s!








domingo, 1 de marzo de 2026

A AFA CONVÍDANOS A FESTEXAR O 17 DE MARZO DIA DO CÓMIC.

 A  AFA  convídanos a festexar o 17 de marzo "Día do Cómic" cun obradoiro na biblioteca. De seguro será moi divertido. Estades tod@s convidados!!!

Dende o centro queremos agradecer  a cooperación das nosas familias e da AFA na organización de distintas actividades  na biblioteca cun obxectivo común , "a animación e participación na lectura e outras actividades na biblioteca  para o desfrute dos nos@s nen@s".  Xunt@s facemos biblioteca e escola. Moitas grazas!!!👪

                                        by Leticia😉



Cantando, xogando e bailando con ROSALÍA . 23 de febreiro. Día de Rosalía


A tarde do 23 de febreiro organizouse unha pequena homenaxe á nosa poeta.  O mellor de todo e que as actividades foron dirixidas por dúas nenas voluntarias da biblioteca. Cantamos, bailamos con algúns poemas de Rosalía e ata fixemos un ROSCO de Rosalía. Moitas grazas ás voluntari@s!!!








Aquí podedes escoitar a entrevista realizada a Rosalía de Castro pol@s nen@s
 de terceiro de primaria
                                               

                   



23 de febreiro DÍA DE ROSALÍA

 Co gallo do Día de Rosalía De Castro leváronse a cabo no noso centro varias iniciativas preciosas que servíronnos para lembrar a nosa marabillosa. Dende a equipa de dinamización da Lingua propuxéronse varias actividades como o recitado de poemas de Rosalía realizado pol@s nen@s  con atril, micro e fermosas voces ao vento que oorganizaou o noso compi Raúl.

Ademáis realizáronse outras actividades como unha viaxe no tempo para entrevistar a Rosalía e algúns/as pequen@s locutor@s animáronse  a contarnos "nas ondas"  cousas sobre a nosa poeta.