martes, 7 de junio de 2022

NOVIDADES XUÑO

Aquí están as derradeiras novidades do curso!! Pero non pensedes que non hai libros a moreas esperando a que lle votedes un ollo! Temos moitísimos libros novos espectaculares!

viernes, 29 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 2022

Este ano, o día 23 de abril caeu en fin de semana polo que durante esta semana celebramos a conmemoración do día do libro. Ollade este recopilatorio de tódalas actividades que Broli nos agasallou!

viernes, 1 de abril de 2022

NOVIDADES ABRIL

En Abril....."Libros a mil"!!!! Continuamos engrosando a nosa lista de libros novos na biblio con estupendas novidades específicas para cada idade!! E lembrade: NON DEIXES PARA MAÑÁ O QUE POIDAS LER HOXE !!!!

jueves, 3 de marzo de 2022

NOVIDADES MARZO

Seguimos sumando novos títulos na biblio para que poidades seguir gozando da lectura a través de libros de moi diferentes tipos! Non esquezades pasar pola nosa biblio a ollar nas distintas estanterías . Tedes un mundo por descubrir!!

miércoles, 2 de febrero de 2022

NOVIDADES FEBREIRO

Seguimos gozando de moi bo tempo neste inverno así que... ¿Que mellor plan que botarse a ler o sol?? Aquí traemos as novidades de Febreiro na biblio, pero non esquezades que hai moitos libros máis para escoller!!! Broli estará encantado de vervos a todos por alí!

martes, 11 de enero de 2022

FELIZ ANINOVO!!

Xa estamos de volta na escola e como cada comezo de mes, achegamos algúns dos libros novos da biblioteca! Esperamos que vos gusten!!

miércoles, 1 de diciembre de 2021

Como cada ano e a pesar das circustancias, chegou o Nadal!! E unha vez máis Broli nos achega as novidades de decembro na biblioteca!! Os nenos e nenas están gozando moito da lectura na nova apertura, ainda que todavía botan de menos utilizala a pleno rendemento, esperamos que sexa moi pronto!! BO NADAl!!!

miércoles, 17 de noviembre de 2021

A nosa mascota Broli estaba desexosa de volver a ver os nosos alumn@s de volta na biblio e organizou unha xornada de presentación do novo proxecto!! Os nenos e nenas de Sárdoma tamén se amosaron felices de volver á biblio así que...todos contentos! Os profes tamén puxeron a nota divertida todos disfrazados de peregrinos... Foi un día xenial e coma el nos dixo...agora solo queda empezar a camiñar!!!

miércoles, 10 de noviembre de 2021

NOVIDADES IMPORTANTES!!

Pouco a pouco imos gañando pasiños cara a nova normalidade. Ainda que de momento non podemos gozar do tempo de permanencia, volvemos a disfrutar de poder coller e devolver libros polas tardes!

martes, 9 de noviembre de 2021

NOVIDADES NOVEMBRO

Arrancamos na biblio con moitas novidades de exemplares pendentes de saír á luz!!! Esperamos que sexan de voso agrado.

FORMACIÓN DE USUARIOS .

Lembramos a presentación de formación de usuarios para refrescar os aspectos mais importantes sobre a localización e colocación de fondos da biblioteca nas distintas estanterías. Non esquezades que é moi importante manter a biblio colocada para que todos poidamos localizar os libros!!

viernes, 5 de noviembre de 2021

NORMAS FUNCIONAMENTO DA BIBLIO-SÁRDOMA PARA O CURSO 2021/2022

Actualización de normas e indicacións para este novo curso que comeza. Cada día que pasa queda menos para voltar á nosa normalidade de gozar xuntos na biblio, pero mentres fai falla ter en conta unha serie de aspectos importantes! Estade atentos :)