martes, 19 de diciembre de 2017

Un contacontos musical



Este xoves os nenos e nenas de Educación Infantil desfrutaron dun bonito contacontos que preparon con moito esmero cinco alumnas de 6º de Primaria. As compañeiras fixeron unha adaptación do conto "Quérote case sempre" con música e cancións incluidas!


domingo, 3 de diciembre de 2017

Actividades en decembro

Estas son as novidades e actividades que teremos na biblio neste mes de decembro. Ademáis contaremos con outras moitas actividades das que vos iremos informando ao longo dos días.

martes, 21 de noviembre de 2017

De safari na biblio

Os nenos de 6º de Educación Primaria embarcáronse nun safari en busca de elefantes.
Neste video temos unha pequena mostra da fantástica viaxe que realizaron pola sabana africana.


lunes, 23 de octubre de 2017

Inauguración da Biblio

O pasado venres día 20 de outubro tivo lugar a inauguración da biblioteca.
Este ano a temática do proxecto que imos traballar é África.
A nova imaxe da biblio lévanos dende a selva ata a sabana. E alí, entre lianas e solpores, todos os rapaces de 4ºEI a 6ºEP puideron disfrutar dunha fantástica exposición de obxectos procedentes de distintos países do continente (algúns deles ben curiosos).












Xuntos cantamos a nosa versión da canción "Waka Waka" para dar por comezado oficialmente o noso proxecto da mellor maneira posible: con música!


Lembrámosvos  que a biblioteca está aberta, e á vosa disposición, todas as tardes de 15:30 a 16:30.

domingo, 30 de abril de 2017

A bicicleta ou a biblioteca?


Como ven sendo tradición no noso centro, todos os anos versionamos unha canción elexida polos nenos e nenas de 6º, encargados xunto cos de 5º de buscar unha nova letra que se adapte o tema e por suposto que esté en galego. Os vídeos foron realizados coa axuda das familias quenes ensalzaron o hábito lector. Moitas grazas a todos pola vosa participación e agardamos que disfrutedes do resultado!





domingo, 26 de marzo de 2017

A ruta dos tes

Tras realizar a actividade da ruta das especias, deixamos aquí o documental realizado por unhos nenos e nenas de 2º de Primaria sobre a ceremonia do te, xa que como sabedes neste segundo trimestre e un dos temas de investigación que tratamos.
Que o disfrutedes!




domingo, 19 de marzo de 2017

Mans a masa!


Os nenos e nenas de 6º prepararon un documental sobre a realización dos dorayakis, os dulces favoritos do gato xaponés Doraemon. Agardamos que disfrutedes do documental!

Non é posible subir o resto dos documentáis o blogue polo peso que supoñen, polo que deixaremos os vídeos copiados no escritorio dos ordenadores da biblioteca. Se queredes ensinar os documentáis na casa non tendes máis que traer un USB e os copiamos para que os poidades ver.

domingo, 12 de marzo de 2017

Un novo documental!

Deixamos o seguinte enlace sobre a interesante historia do Taj Majal que dobraron os nenos e nenas de 2º de Primaria…disfrutádeo!

domingo, 5 de marzo de 2017

Un mes cheo de documentais!

Neste mes de marzo imos ir deixando os vídeos que estamos a realizar para os obradoiros simulténeos do vindeiro mes.
A medida que teñamos gardadas as vosas voces xunto coa selección que fixéchedes nas aulas das imaxes o deixaremos no blogue para que o poidades disfrutar tamén dende as vosas casas.
Que o disfrutedes, lémonos!


domingo, 5 de febrero de 2017

Malala!

Para festaxar o día da Paz realizamos un documental sobre a interesantísima e valiosa labor de Malala.
Disfrutádeo!