miércoles, 23 de octubre de 2013

Un contacontos mooooooi divertido!

Nestes días viñeronnos visitar dous rapaces moi simpáticos, un deles tiña unha habilidade especial para contar os contos, o seu compañeiro para debuxalos.
Contáronnos a historia dun pingüín que percorreu moitísimos kilómetros vivindo numerosas aventuras.
Deixamos aquí estas imaxes para que vexades o ben que o pasamos.



Nos tamén estivemos a ilustrar a nosa propia historia, este foi o resultado, que quedou para que o podades ver todos na parede do corredor, entre as aulas de primeiro e segundo.



Un saudiño e lémonos ;)

domingo, 20 de octubre de 2013

A BENVIDA DE BROLI

Durante o mes de outubro Broli andaba a tramar algo, todos o sospeitabamos pero ninguen sabía nada...
Na última semana de outubro o noso ratiño da biblio colocou un sobre en cada unha das portas das nosas clases
Que gardaba dentro do sobre?Pois unha invitación para a biblioteca!
Cada curso baixou para escoitar as propostas de Broli para este ano no que traballamos o lema "De boa tinta" e por suposto lembrar as normas da biblio.
Broli, sentado no seu sofá agardába todo cheo de tinta cunhas liñas que as profes nos leron

Qué vos pareceu a benvida de Broli?e a misión que vos encomendou?

Un saudiño e lémonos