lunes, 23 de marzo de 2020

Contos para explicar e entender o coronavirus

Neste enlace, temos contos sobre o coronavirus e un recopilatorio de contos e cortos diversos que poden axudarnos a pasar estos días de confinamento. Esperamos que vos gusten!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsardomamoledo/node/667

miércoles, 18 de marzo de 2020

Recursos lectores como por arte de maxia!

Ola nenos/as, familias!

Como estades? Parece que foi onte cando estábamos todos/as no colexio e agora na casa... esperemos que por pouco tempo!
Nembargantes as lecturas non teñen que parar e aquí tedes unha serie de recursos para poder seguir coas nosas lecturas máxicas deste curso.

Libros en formato dixital para ler.
GaliciaLe.
Web eBiblio

Contacontos
Contos de Kalandraka na sua canle KALANDRAKA TV. 
Aulas Galegas: Contos contados. por grandes autores.
Video-contos de OQO.

Iniciativas e recursos das bibliotecas da contorna
Biblioteca Central
Biblioteca Neira Vilas
Salón do libro de Pontevedra
Moito ánimo!
#EuQuedoNaCasa // #TodoVaiSaírBen

viernes, 6 de marzo de 2020

Día da Muller


Para o 8 de marzo, este ano decidimos homenaxear ás mulleres da nosa vida, da nosa contorna; mulleres importantes para o noso alumnado, sen nomes famosos pero cunha grande capacidade de loita e fortaleza. Cada unha das nosas heroínas ten un nome e unha imaxe que para sempre gardaremos nun libro de honra da biblioteca, na sección Os Nosos Traballos.

Tamén contamos coa visita de Anair Rodríguez, autora dos libros Pioneiras, Pioneiras 2 para falarnos doutras extraordinarias mulleres galegas. Queremos dende aquí agradecer a Anair, a súa colaboración nesta pequeña conmemoración.

E por último pero non menos importante todos os cursos de primaria fixemos unha xincana no colexio coa busca de pistas para poder solucionar un enigma.





jueves, 5 de marzo de 2020