martes, 28 de abril de 2020

Móvete connosco na casa

A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa “Móvete connosco na casa”. Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de educación primaria a a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.
Os vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.
É fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades motrices e coordinativas.
Podedes atopar máis información sobre esta iniciativa na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa


Novos libros dixitais

Libros para abrirle a porta ao galego, a editorial Xerais nos comparte catro libros en galego para que quedemos na casa lendo: Feliz Feroz, Fred Quincalla o nómade do mar, Vaia tropa e Dragal IV- a estirpe do dragón. Gozade da lectura!  (premede na imaxe). E ademáis na súa canle de YouTube autores promocionan os seus libros para que vos animedes a ler.


Baía Edicións tamén comparte unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só vos piden que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.

Premede na imaxe de Baía Edicións para acceder ao contido.

Viaxe ao mundo máxico de Harry Potter

Se hai na casa algún pequn@ fan de Harry Potter aquí tedes un recurso moi chulo que propoñen en Little Vigo co que seguro gozarán! Animádevos a dar este paseo!

Google Earth nos convida a percorrer o mundo de Harry Potter. Podremos dar unha volta polas localizacións reais das películas e os sítios que inspiraron a J.K. Rowling.

Visitaremos Diagon Alley, a concurrida rúa de Londres chea de magos e resulta invisible para os muggles, e que no mundo real é o mercado Leadenhall, un pasadizo cheo de tendas no que se baseou a escritora.

A estación de King’s Cross, onde se atopa o andén 9 3/4 no que o mozo Harry toma o Expreso de Hogwarts. Tamén o castelo de Alnwick, onde se rodaron moitas esceas da película, ou o maxestuoso salón renacentista do colexio Christ Church, en Oxford, que se transformou no comedor de Howarts.



Poderemos coñecer o café The Elephant House, onde J.K.Rowling pasaba as tardes escribindo nunca das súas mesas ao lado da fiestra, cun café. E pasear por “The Wizarding World Of Harry Potter”, no parque temático de Orlando, onde se pode montar nunha reproducción do famoso tren ou entrar en Gringotts, o banco de magos.


E para practicar o inglés a autora lanzou vai uns días a web “Harry Potter at Home” con moitas actividades infantiles para o confinamento.

lunes, 27 de abril de 2020

Novos recursos


Outro recurso para a situación especial do COVID-19 agora que xa os/as nenos/as poden saír á rúa. Un instrumento interesante para poder explicarlles aos máis pequenos como ha de ser esta saída.

Máis recomendacións do noso alumnado!



viernes, 24 de abril de 2020

Semana do Libro- Venres



Aquí tedes os materiais de hoxe, premede nas imaxes para acceder a eles e ao final UN RETO para estes días de confinamento. Seredes quen de enviar os vosos vídeos?

Primeiro as vosas recomendacións de libros máxicos para un tempo especial. Moitas grazas a todos por ter participado. Aquí están:



 Vos achegamos dous contos de creación propia:

 Un deles creado pola profe Ángela sobre o Coronavirus: Orly e o coronavirus. 
E o outro audioconto tamén de creación propia, neste caso de Loli Barral, a tía de Sara de 4º de Ed. Primaria. Grazas a Cristina por compartirnolo.


Hoxe tamén temos contacontos, a ver que vos parecen:

O peixe arcodavella de Marcus Pfister contado pola profe Joana


E A avoa adormecida de Roberto Parmeggiani contado pola profe Vanesa.




E por último o reto! Xa sabedes que este curso estamos a trabajar a maxia, no primeiro trimestre trabajamos as lendas, no segundo trimestre os personaxes máxicos e no terceiro traballaremos a ciencia (parece maxia pero non o é). Por este motivo vos pedimos que gravedes un vídeo facendo un experimento científico sinxelo e o mandedes á dirección de mail: bibliosardoma@gmail.com



jueves, 23 de abril de 2020

Semana do Libro- Día do Libro 2020

Parece mentira que neste ano que estamos a traballar a maxia, como por orde de encantamento, no canto de estar no colexio temos que celebrar o día do libro na casa. Nembargantes iso non significa que non teñamos ganas de gozar deste marabilloso e especial día.
Queremos compartir con vós e as vosas familias este día tan máxico para todas nós. As mestras do colexio fixemos varios contacontos para amenizar este día e estar un pouco mais perto de vós nesta data especial.
Asemade achegamos a segunda parte das recomendacións lectoras (a primeira parte está na entrada do martes, botádelle un ollo) son xeniais. Vós sodes xeniais! Que ganas de podernos ver de novo!
Non esquezades mirar as entradas desta semana xa que temos un contacontos dun libro moi especial. Un fermoso álbum ilustrado escrito por David De La Iglesia, pai dun alumno do noso colexio e unha sorpresa da profe Tamar, que quixo estar con nós neste importante día; tamén vos proporcionamos recursos varios para estes días de corentena cando as ideas e os folgos empezan a diminuir.
Mañá seguimos con máis sorpresas! 
Aquí tedes primeiro as recomendacións de libros máxicos para un tempo especial e logo os contacontos. Grazas por estar ahí!


CONTACONTOS

El Dragón Zog de Julia Donaldson narrado por Pili


Las maravillosas cosas que llegarás a ser de Emily Winfield contado por Mónica.


Vacío de Anna Llenas contado por Rosi


O cociñeiro Martiño de Iago López contado por Lidia
Dinosaurio Belisario de Pepe Cáccamo contado por Susana


Conto encadenado de Yolanda Fernández Domínguez contado por ela mesma: Yoli




Moito ánimo!
#EuQuedoNaCasa // #TodoVaiSaírBen

miércoles, 22 de abril de 2020

Semana do libro: Cortos e películas!

BROLI pensa en nós, e fixo un recopilatorio de cortos e películas que podemos ver en familia.

https://www.symbaloo.com/home/mix/13ePLWZjYC




https://www.lavanguardia.com/cine/20200321/474258704607/peliculas-infantiles-ver-hijos-cuarentena-coronavirus.html
Moito ánimo!
#EuQuedoNaCasa // #TodoVaiSaírBen

Semana do Libro: Contos para quedar na casa

Seguimos neste tempo máxico no que ELOY MORENO, ofrécemos esta posibilidade, "CUENTOS PARA QUEDARSE EN CASA"


https://drive.google.com/drive/u/1/my-drive
Moito ánimo!
#EuQuedoNaCasa // #TodoVaiSaírBen

Semana do Libro- Mércores

O pai do noso cole David De La Iglesia escribiu un fermoso libro adicado ao seu fillo, o noso alumno de primeiro de primaria Lucas. Grazas David!


E a profe Tamar non se esqueceu de vós e nos achega un precioso contacontos que compartiu co seu novo alumnado e tamén quere ter unha lembranza para vós. Premede na imaxe para velo. Grazas Tamar!




Moito ánimo!
#EuQuedoNaCasa // #TodoVaiSaírBen

martes, 21 de abril de 2020

Semana do Libro- Martes, recomendacións. Libros máxicos

As vosas recomendacións desde a casa para todo o alumnado do colexio! Millóns de grazas por ter participado nesta experiencia!! Aquí van os nosos "LIBROS MÁXICOS PARA UN TEMPO ESPECIAL"

A manterse fortes!! Xa queda menos!!!



LIBROS DIXITAIS LIBRES

A editorial Bruño abre a porta á lectura para que poidamos ler na casa e publica seis libros moooi chulos!! Botade un ollo porque paga a pena!


INICIATIVAS PARA O DÍA A DÍA: 

 Na páxina de Afundación atoparedes obras de teatro, maxia, manualidades, receitas, experimentos… Para os máis pequenos e tamén para as familias!  


Moito ánimo!
#EuQuedoNaCasa // #TodoVaiSaírBen

lunes, 20 de abril de 2020

Semana do día do libro- Luns

Durante esta semana imos ter unha axenda especial. Hoxe achegamos información sobre este día tan importante para as nosas bibliotecas e explicamos por qué se celebra o 23 de abril que coincide coa morte de dous grandes escritores. Un deles, español, Miguel de Cervantes, o autor de D. Quijote de La Mancha que ten a honra de ser o segundo libro máis traducido no mundo; só despois da Biblia.






Moito ánimo!
#EuQuedoNaCasa // #TodoVaiSaírBen

#EuQuedoNaCasa

#EuQuedoNaCasa

#EuQuedoNaCasa

sábado, 18 de abril de 2020

Semana do Libro... comezamos

Achegamos o díptico que edita cada ano a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional para conmemorar o día do libro.
O texto deste ano foi creado por Manuel Gago no que nos dí "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín". A imaxe do díptico é do profesor Harold Iglesias, na que se plasma un chasco común (Un tipo de paxaro)




Tamén adxuntamos as REIVINDICACIÓNS desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares neste Día do Libro tan especial.

jueves, 2 de abril de 2020

2 de abril día mundial da concienciación sobre o autismo.

Hoxe 2 de abril, conmemoramos o día mundial do autismo. Neste enlace podes ver  "FLOAT", precioso corto que nos acerca a realidade sobre o autismo!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsardomamoledo/node/671

E achegamos tamén o conto "O cazo de Lorenzo" un fermoso libro sobre o día a día dunha persona con autismo. Premede na imaxe do libro para poder visualizalo