domingo, 30 de octubre de 2016

O Kamishibai

O Kamishibai é unha ferramenta para contar contos propia de Asia, para celebrar o día das bibliotecas escolares os cativos de 4º de Primaria ofreceronnos unha sesión de contacontos nos que utilizaban este teatrillo acompañado con música e baile, foi divertidísimo e o fixeron xenial!
Para adentrarnos no uso do Kamishibai e que máis cativos vos animedes a contarnos un conto deixamos o seguinte vídeo informativo.


domingo, 9 de octubre de 2016

Decorando a biblioteca

Como xa sabedes gústanos decorar a nosa biblio adaptándonos a temática que traballamos este ano, que son as culturas de Asia.
Coa axuda dos nosos cativos realizamos farolillos e un dragón que nos acompañará nas nosas aventuras deste curso na biblioteca. Ademáis grazas as viaxes que fixeron membros da nosa comunidade educativa puidemos disfrutar de recordos curiosos que se dispuxeron como nunha exposición.