miércoles, 1 de diciembre de 2021

Como cada ano e a pesar das circustancias, chegou o Nadal!! E unha vez máis Broli nos achega as novidades de decembro na biblioteca!! Os nenos e nenas están gozando moito da lectura na nova apertura, ainda que todavía botan de menos utilizala a pleno rendemento, esperamos que sexa moi pronto!! BO NADAl!!!

miércoles, 17 de noviembre de 2021

A nosa mascota Broli estaba desexosa de volver a ver os nosos alumn@s de volta na biblio e organizou unha xornada de presentación do novo proxecto!! Os nenos e nenas de Sárdoma tamén se amosaron felices de volver á biblio así que...todos contentos! Os profes tamén puxeron a nota divertida todos disfrazados de peregrinos... Foi un día xenial e coma el nos dixo...agora solo queda empezar a camiñar!!!

miércoles, 10 de noviembre de 2021

NOVIDADES IMPORTANTES!!

Pouco a pouco imos gañando pasiños cara a nova normalidade. Ainda que de momento non podemos gozar do tempo de permanencia, volvemos a disfrutar de poder coller e devolver libros polas tardes!

martes, 9 de noviembre de 2021

NOVIDADES NOVEMBRO

Arrancamos na biblio con moitas novidades de exemplares pendentes de saír á luz!!! Esperamos que sexan de voso agrado.

FORMACIÓN DE USUARIOS .

Lembramos a presentación de formación de usuarios para refrescar os aspectos mais importantes sobre a localización e colocación de fondos da biblioteca nas distintas estanterías. Non esquezades que é moi importante manter a biblio colocada para que todos poidamos localizar os libros!!

viernes, 5 de noviembre de 2021

NORMAS FUNCIONAMENTO DA BIBLIO-SÁRDOMA PARA O CURSO 2021/2022

Actualización de normas e indicacións para este novo curso que comeza. Cada día que pasa queda menos para voltar á nosa normalidade de gozar xuntos na biblio, pero mentres fai falla ter en conta unha serie de aspectos importantes! Estade atentos :)

BENVIDO BROLI !!! PROXECTO ANUAL : "DE SÁRDOMA A SANTIAGO"

Con motivo do Xacobeo 21/22 e das gañas que ten Broli de Viaxar, imos comezar este marabilloso camiño que esconde milleiros de segredos e curiosidades da nosa terra. Esperamos que toda a comunidade educativa disfrutedes moito desta viaxe!

lunes, 25 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Onte 24 de Outubro foi o Día das Bibliotecas. Nesta edición destaca o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos á cultura, á aprendizaxe, e o descubrimento doutras ideas, persoas e culturas. Precisamente o noso proxecto anual vai íntamemnte ligado ó descubrimento doutras culturas e lugares e por iso, como temos a Broli un pouco ocupado preparando a súa viaxe, imos retrasar uns días a inauguración da Biblio... pero estade ben atentos, que moi pronto teredes boas novas!

lunes, 17 de mayo de 2021

Día Internacional dos Océanos

 Temos a sorte de vivir nun lugar privilexiado en canto ao ecosistema que nos rodea pero, coñecémolo ben? Mirade este vídeo de Rogelio Santos Queiruga que nos mostró un pouco da riqueza do noso océano, ese que temos ahí ao lado. A ver que vos parece!


Pero esta riqueza non é impedimento para que cada ano sexan tirados aos oceanos do mundo 8 toneladas de plásticos, Os máis pequenos, denominados microplásticos, son absorbidos polos organismos marinos Ata agora se descoñecen as consecuencias que este poden ter para a saúde dos organismos marinos e a saúde humana. Un equipo da Universidade de Vigo (si, si, da nosa Universidade) coordina o proxecto europeo Ephemare (Ecotoxicological effects of microplastics in marine ecosystems) con científicos e institucións de 10 países distintos, coa fin de darlle resposta a esta incógnita. Contactaremos con eles para ver se nos poden falar un pouco máis deste interesante proxecto.





Día Internacional da reciclaxe e BIBLIORRETO

Coincidindo coas Letras Galegas está o día da reciclaxe. Dende o centro, promovido pola biblioteca querémonos sumar a este traballo laborioso propoñéndovos un reto e propoñéndonos a nivel de centro instalar colectores para a reciclaxe nos distintos espazos. Broli se transforma unha vez máis para promover a reciclaxe que na nosa cidade xa leva a cabo o Dinoseto.



Pero, que fas ti en relación ao Medio ambiente, para conseguir un mundo mellor. Manda o teu pequeno vídeo en horizontal ao noso mail: bibliosardoma@gmail.com ata o 5 de xuño (Día do Medio Ambiente).


LETRAS GALEGAS

Aquí recopilamos materiais para traballar a figura de Xela Arias, unha escritora moi especial para o noso colexio, xa que estudiou nel. A primavera das letras este ano se gravou no noso centro e tivemos a sorte de contar no centro coa familia de Xela e representantes da RAG. 






A información sobre a súa biografía podémola atopar no Seminario Galán no seguinte enlace: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1561.html

Distintos materiais para traballar a figura de Xela: https://www.pinterest.es/nlg4/letras-galegas-2021/

Recuncho da nosa biblioteca de Xela Arias e publicación en imprenta dun pequeno libro de divulgación da súa vida e obra elaborado polo EDLG do colexio.





martes, 20 de abril de 2021

Día do Libro, cambia o conto

Co gallo do Día do Libro 2021 e seguindo co lema UN MUNDO MELLOR, o equipo de biblioteca plantexou xa en novembro no día da non violencia contra a muller e no 8 de marzo o día internacional da muller o cambio do contos, dos contos tradicionais. Neste día do libro queremos materializar ese cambio de conto que en cada clase ten traballado na súa aula. Velaquí os nosos contos sen estereotipos!

https://www.canva.com/design/DAEcbiv8flY/2f40j1hZR8It1PfHftaeSw/watch?utm_content=DAEcbiv8flY&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink


lunes, 19 de abril de 2021

Día Internacional da Autoestima 27 de abril

Seguimos co traballo das emocións e co benestar emocional, neste senso en Educación infantil traballamos a través de distintos libros o estar a gusto con un mesmo: Eu vou comigo e Distinta



jueves, 15 de abril de 2021

Pasapalabra día do libro

Para o día do libro este curso plantexamos un mercadiño de libros tralo derradeiro expurgo da biblioteca. Este aspecto entronca co terceiro elemento do lema anual, o coidado do medio ambiente, a reutilización dos recursos; dentro do proxecto UN MUNDO MELLOR, que estamos a traballar neste curso 2020/2021.

Para poder conseguir un VALE para canxear por un libro o venres día 23, cada aula ou curso terá que resolver correctamente un dos pasapalabras ou roscos que vos achegamos a continuación. Facédeo todos/as xuntos/as, veredas como sodes quen!

A temática dos mesmos son os contos infantís. Elaborámolos con moito agarimo, agardamos que vós guste!

Para acceder dende Educaplay aos pasapalabra preme aquí  primeiro e se queres facer outro novo rosco neste enlace.

Tamén podemos acceder con Genial.ly. Para elaborar estas dúas presentacións reutilizamos o fondo do pasapalabra de xentilicios da teacher Inés. Moita sorte nenos/as!

viernes, 9 de abril de 2021

Festival Emocínate

 Co gallo do lema anual e acorde á temática do segundo trimestre: As emocións. Artellamos este Festival de Cine das Emocións, no que participou todo o colexio.

 A maiores, e dado que o alumnado de 6º de Primaria estivo a realizar un xornal, tanto en formato dixital como en soporte papel, aproveitaron a facer de xornalistas.

Á saída da película fixeron entrevistas ao alumnado dos distintos cursos para ver a súa opinión sobre as películas visualizadas. Aquí está o resultado, agardamos vos guste tanto como a eles/as realizalo!





miércoles, 24 de marzo de 2021

BROLI VOLTA AO COLEXIO

Esta semana recibimos unha chamada de Broli na que nos informaba que volvía ao colexio... para máis información esta semana repatiremos un xornal con todos os datos.

POR FÍN, PRONTO ESTARÁ DE NOVO CON NÓS!!!



martes, 23 de marzo de 2021

lunes, 22 de marzo de 2021

Emocións. Parte 7

 Os nenos e nenas de quinto de Educación Infantil trabajaron a calma na aula, mirade cantas cousas aprenderon!



viernes, 19 de marzo de 2021

jueves, 18 de marzo de 2021

sábado, 13 de marzo de 2021

As emocións parte II

 O alumnado de primeiro de primaria junto cos seus mestres, a profe Giovanna e o profe Martín elaboraron o vídeo das emocións. A esta aula tocoulle o ORGULLO, aquí tedes o resultado.





viernes, 12 de marzo de 2021

As emocións

 Co gallo do tema deste ano e neste segundo trimestre, as aulas estamos a traballar as emocións. Na aula de tres anos traballaron o medo, aquí sedes o resultado. Grazas nenos/nenas por facelo tan ben!



lunes, 8 de marzo de 2021

8 de Marzo "Día internacional da muller".

Hoxe queremos unirnos á loita pola igualdade e contribuir a ela dende o noso ámbito que é a educación. Achegámosvos este corto que utilizaremos para traballar cos nenos e nenas os estereotipos de xénero dende os contos clásicos.

martes, 2 de marzo de 2021

Reto científicas

Grazas a todos e todas as participantes no reto das mulleres e nenas científicas. En breve... o seguinte! Namentres aquí tedes o resultado das vosas consultas.