jueves, 15 de noviembre de 2018

Guía do usuario da biblioteca

Aquí vos deixo o video que visionamos na inauguración da biblio por se vos axuda para as dúbidas que poidan xurdir sobre a utilización deste espazo no centro.

Lembrade que TODO o que hai na biblio é para consultar e o único que non se presta para as casas son os traballos elaborados por vós, que se corresponden co número 4 na CDU (Clasificación Decimal Universal Bibliotecaria) todo o demáis PODEDES LEVALO.

Boas lecturas e bo ano!





domingo, 11 de noviembre de 2018

Os axudantes da biblioteca

Como vimos facendo nestes cursos temas a sorte de contar cun grupo de cativos de 5º e 6ºde primaria que axudan a coidar a biblioteca durante os recreos da mañá. Ademáis tamén temen un papel moi importante para os retos mensuais,xa que son vixiantes da lingua para dar as puntuacións da fala.
Asi de xeniais son!

jueves, 1 de noviembre de 2018

martes, 30 de octubre de 2018

Dobrando o Samaín

Alguns cativos de primeiro de primaria estiveron a dobrar as imaxes do conto O noso Samaín cun resumo da súa historia. Agardamos que o disfrutedes tanto coma eles.

domingo, 28 de octubre de 2018

Trailerbook

Todos os meses traemos novidades á biblio e entre ellas cada clase escolle un libro para promocionalo entre todo o alumnado.
Este mes de outubro lle tocou aos alumnos e alumnas de 6° de primaria que escolleron o libro de Sara Cano “La guerra de 6° A, alérgicos a 6° B”. Aquí está o seu traballo.






Inauguración da biblio

O día 24 de outubro co gallo da celebración das bibliotecas escolares inauguramos este curso escolar a nosa, pola mañá co alumnado e na tarde cos pais e nais dos alumnos e alumnas.

Este ano o lema é “Oceanía e os polos” polo que organizamos unha pequena exposición sobre o tema con material traído polo alumnado, visionamos un manual de usuario desde espazo , o trailerbook de 6° de Primaria “La guerra de 6° A alérgicos 6°B” e para rematar xogamos ao xogo da biblio.

 Foi unha día estupendo! Premede aquí para ver o vídeo.


domingo, 14 de octubre de 2018

viernes, 15 de junio de 2018

Peche da biblio

Lembrámosvos que a partir do vindeiro luns a biblioteca permarnecerá pechada polas tardes. Os que aínda teñades algún libro emprestado é importante que o traigades canto antes.

lunes, 11 de junio de 2018

Escolas en África

Hoxe os alumnos de Primaria tivemos unha charla moi interesante dun proxecto para construir escolas en África. Aprendimos un montón de cousas novas e, sobre todo, comprobamos como hai moita xente que adica a súa vida a axudar aos demais sen esperar nada a cambio. 

viernes, 8 de junio de 2018

Contacontos

Hoxe un grupo de oito nenos de diferentes grupos de Primaria fixeron un contacontos para todo o alumnado de Infantil. O conto que prepararon  foi Tomás o Bromista e fixérono xenial!

viernes, 25 de mayo de 2018

Obradoiro de escrita creativa

Hoxe realizamos unha sesión de escrita creativa xunto a Carla Muñoz, comezando cunha dramatización de contos para despois seguir creando as nosas historias. Resultou unha sesión interesantísima!




martes, 15 de mayo de 2018

Letras Galegas 2018

Hoxe festexamos o Día das Letras Galegas, realizamos unha actividade As XII probas de Marivi, no que traballamos aspectos da vida de Maria Victoria Moreno, os seus libros, premios...
Aquí deixamos un vídeo con imaxes do gran día que pasamos hoxe.


domingo, 13 de mayo de 2018

Traballando cos tubos

Deixovos o enlace para traballar a canción Rolling into deep cos xilófonos cómo fallamos na clase de sexto.
https://youtu.be/nVPDOvaVH1Q
Que o disfrutedes

sábado, 28 de abril de 2018

Semanas de contacontos

Deixamos algunhas fotos das sesións de contacontos que realizamos durante esta semana celebrando o Día do Libro. Agardamos que fosen unhas actividades divertidas e que vos inviten a ler estes contos




jueves, 26 de abril de 2018

Últimos trailers

Hoxe desfrutamos do último trailer e a última sesión de contacontos desta semana de festexos polo Día do Libro. O primeiro é o trailerbook do conto Manda Narices e o segundo vídeo é a canción Porque ler é xenial.

lunes, 23 de abril de 2018

Día do libro,Unha semana checa de historias

Celebramos este martes o estreo dalguns trailers,así como sesiones de contacontos na hora de ler. Deixamos os enlaces dos vídeos agardando que vos acerquedes a ler estas interesantes historias, todos os contos  estarán dispoñibles na sección de novedades da biblioteca.

Día do libro

Celebramos o día do libro cunha semana checa de actividades,hoxe luns levamos a cabo o troco de libros no mercadiño que preparamos a pasada semana.





martes, 17 de abril de 2018

Sesión de contacontos

Hoxe os modos cativos de educación infantil tiveron a sorte de disfrutar dun contacontos de Paco Noguerias na nosa biblioteca.


viernes, 13 de abril de 2018

Resumo dos obradoiros


Aquí vos deixamos un vídeo resumo de como foron os nove obradoiros de África. Tamén o podedes atopar na páxina web do cole.

viernes, 6 de abril de 2018

Obradoiros de África

Este xoves tivemos unha estupenda xornada de obradoiros para profundizar un pouquiño máis no proxecto de África. En grupos compostos por nenos de diferentes cursos pasamos por nove obradoiros nos que aprendimos un montón de cousas novas: curiosidades, cociña, danzas, tribus, xeografía, xogos, artesanía e exipto.
Pasamos un día diferente e moi divertido!




martes, 3 de abril de 2018

Novidades de abril

Estas son as novidades que temos para o mes de abril. Coma sempre lembrámosvos que hai outras moitas actividades que non aparecen no calendario das que iremos informando cada semana.

miércoles, 7 de marzo de 2018

Contacontos de Maruxa


Hoxe disfrutamos dunha sesión de contacontos realizado pocas mestras Mónica e Vanesa, grazas por facernos pasar tan bo rato con esta historia sobre a igualdade. Aquí deixamos unhas imaxes que ilustran os bos momentos que pasamos



lunes, 26 de febrero de 2018

domingo, 25 de febrero de 2018

Día de Rosalia de Castro


Hoxe celebramos o día de Rosalía sacando ás fiestras os traballos que fixemos na clase e as flores coa  poesía de Rosalía

viernes, 23 de febrero de 2018

Contacontos

b>Hoxe tivemos unha sesión de contacontos, a profe Mari Paz contounos Sacapenas,unha historia preciosa que todos teriamos que ler.







jueves, 22 de febrero de 2018

jueves, 1 de febrero de 2018

Novidades de febreiro

Estas son as novidades e actividades que temos para febreiro. Lembrámosvos que ademais das actividades que aparecen no programa, tamén faremos outras que iremos anunciando durante o mes. Permanecede atentos!

miércoles, 31 de enero de 2018

Día da Paz

celebramos o día da Paz con este bonito video tras faces un bonito mural tras estudiar a vida de Wangari e as súas árbores

jueves, 18 de enero de 2018

Contacontos bilingüe

Este martes no recreo os cursos de Educación Primaria tivemos un contacontos bilingüe. A historia elixida foi A Horta de Simón, xa que forma parte das novidades de xaneiro tanto na súa versión en galego como en inglés.
Xa os tedes á vosa disposición na biblio!

lunes, 8 de enero de 2018